Nas xornadas do deporte academia Imdecum 2012 trataron do papel arbitral
O PAPEL ARBITRAL BAIXO ANÁLISE, NAS XORNADAS DO DEPORTE ACADEMIA IMDECUM 2012
Venres 27 de abril. O presidente do Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol, José Antonio Pérez Muíño, analizou onte o papel dos colexiados, no relatorio inaugural das Xornadas do Deporte Academia Imdecum 2012 que acollerá o IES Monte Castelo de Burela ata finais de maio.
José Antonio Pérez fixo un repaso da historia da arbitraxe e incidiu nos aspectos técnicos, físicos, tácticos e psicolóxicos precisos neste labor. Así mesmo, tamén examinou co numeroso público presente situacións de violencia de xénero na arbitraxe e situacións regulamentarias, a través de casos reais. O presidente do comité galego despediuse facendo un chamamento especial aos asistentes na formación arbitral, co fin de que poidan converterse nunha peza máis da infinidade de competicións que todas as semanas percorren a bisbarra da Mariña, dende as escolas de base ata os encontros profesionais, ademais dos numerosos torneos afeccionados.
O ciclo está destinado especialmente a alumnado e titulados/as do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas do centro burelao, así como a profesionais do mundo do deporte; tamén está aberto para todas persoas interesadas.
Próxima cita. Baixo o título ‘Scouting en ElPozo Murcia FS. Exemplo de análise estatística e edición de vídeo’, a xogadora do Burela FS Haydee Agras repasará o traballo de investigación que realizaba, na súa anterior etapa nas filas levantinas, sobre os rivais de ElPozo, de Primeira División Masculina, xunto ao adestrador Eduardo Sao-Thiago Lentz, Duda. A cita está prevista para o xoves 3 de maio, as 17.00 horas.
LOCALIZACIÓN: IES Monte Castelo
HORARIO: 17.00 horas
Xoves 3 de maio
“Scouting en ElPozo Murcia FS. Exemplo de análise estatístico e edición de vídeo”
Relatora: Haydee Agras Moral, xogadora do CD Burela FS Pescados Rubén
Xoves 10 de maio
“O deporte adaptado”
Relatora: Hilda Rodríguez, ex-deportista paralímpica na modalidade de boccia
Xoves 24 de maio
“Psicoloxía no deporte”
Relatora: Juana Blanco, licenciada en Psicoloxía




















A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
