A Biblioteca Pública Municipal de Foz decidiu os gañadores do Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2012”. Na categoría A Debuxo: Álvaro Guisande Rego, Lucía Dovale Posada, Lois Barreiro Ramos. Narración: Paula López Sánchez, Marco Fernández Folgosa, Alma Folgueira Fernández. Na categoría B Debuxo: Marta Lorenzo Yanes, Aitor García Castiñeira. Narración: Andrés Vilar Expósito, Pablo Vivero Fernández, María Pérez Vior. Na categoría C Narración: Sara López Fernández, Laura Reigosa Mártínez. A entrega de premios será o venres día 1 de xuño ás 19:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura. Dende a Biblioteca, damos as grazas especialmente a aqueles colexios participantes pola súa colaboración e participación en todas as actividades que a Biblioteca Municipal está a desenvolver.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



