ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE BURELA
Despois da aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello
de Burela e, unha vez analizado polo detalle e explicado publicamente aos veciños nun
acto onde recollimos as súas suxestións, dende o BNG vimos de presentar un conxunto
de alegacións que, consideramos, deberían de ser incorporadas no documento definitivo
para mellorar este importante instrumento urbanístico que reflite a Burela do futuro.
Moitas das alegacións que presentamos refírense a criterios arbitrarios e
discriminatorios con respecto a distintos aspectos:
– En primeiro lugar, con respecto ao trazado dos polígonos no solo urbano non
consolidado que supoñen que algúns veciños desas zonas teñen que facer todas as
cesións e outros só reciben os beneficios da futura urbanización sen facer cesións nin
suportar os custos de execución do polígono. Isto, entendemos, é contrario ao xusto
reparto de cargas e beneficios que recolle a lexislación vixente como criterio a respectar.
– En segundo lugar, con respecto ao volume de edificación que se contempla en
certas zonas con respecto ao que xa está construído: zonas onde se permiten levantar
cinco alturas ao lado de vivendas unifamiliares ou de edificios de menos plantas.
– En terceiro lugar, con respecto ás aliñacións das edificacións na Avda. Arcadio
Pardiñas: hai zonas onde se respecta a aliñación quedando edificacións fóra de
ordenación e noutras zonas que non están construídas non se obriga ao retranqueo que
si fixeron edificios colindantes.
– E, en cuarto lugar, non existen criterios claros no catálogo de patrimonio
arquitectónico á hora de establecer as edificacións a protexer. Debería de facerse con
rigor e sen discriminacións. Tamén propoñemos, para as edificacións catalogadas de
protección arquitectónica, a posibilidade de beneficios ou exencións fiscais para os
propietarios destas casas.
Cremos, tamén, que se debe de corrixir a contradición que existe no PXOM entre o
que se escribe e o que aparece nos planos nas zonas dos Castros e Castrelo. Na
normativa aparecen como zonas da protección arqueolóxica integral nas que se impide
calquera tipo de actuación edificatoria, mentres que nos planos si se permite edificar. Isto
pode crear inseguridade xurídica e repercusións negativas nos afectados e debería
aclararse convenientemente. Igualmente e con respecto aos xacementos arqueolóxicos,
tamén se deberían de recoller no PXOM todos os que xa aparecen catalogados como tal
no POL.
E, xa por último, outras cuestións que tamén recollemos nas nosas alegacións
refírense ao corredor ecolóxico do río Pomeda (na zona de Foxo) que aparece reflectido
no POL e que, sen embargo, o PXOM de Burela non contempla e que faría inviable
urbanisticamente esta zona; á filosofía do non apantallamento da fachada marítima do
noso pobo do que se fala na parte escrita do documento e que despois non se recolle nos
planos que si permiten novas construcións nesta zona; á necesidade de que o PXOM
contemple unha zona de protección forestal con respecto ás edificacións existentes ou
futuras; ou, tamén, á corrección de certos erros nas lendas e na coloración dalgunhas
zonas que son contraditorias e levan ao engano.
A día de hoxe hai máis de cen alegacións presentadas no Concello e isto quere
dicir que, a pesar de que estamos en momentos difíciles e de que as expectativas de
novas construcións estarán estancadas durante moitos anos, a xente de Burela está
preocupada polo futuro urbanístico e descontenta con moitos dos aspectos do Plan Xeral
que, como nós indicamos, son claramente discriminatorios e arbitrarios. Un Plan Xeral
que, mal que lle pese ao Partido Popular (que, cando lle interesa, todo o fixeron eles e
que, cando non lle interesa, a culpa é dos outros…), en aspectos moi concretos e
primordiais en nada se parece ao documento inicial que elaboramos o anterior equipo de
goberno, porque, entre outras cousas, as leis e normativas que aprobou o PP na Xunta de
Galiza (o POL, as Directrices de Ordenación do Territorio, a nova Lei do Solo…) afectan
substancialmente ao futuro urbanístico do noso concello e condicionan o Plan Xeral de
Burela
Remitido





















Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.



