Este venres día 13 tivo lugar a cea de despedida do curso “Nuevas Oportunidades de empleo: Talleres de Trabajo Colectivo y Autoempleo”, impartido por ASAJA GALICIA-XÓVENES AGRICULTORES no Concello de Lourenzá dende o 18 de Xuño ata o 06 de Xullo de 2012, cunha duración de 30 horas, financiado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e o FSE, no marco do Programa Plurirexional do Sector Agroalimentario e do mundo Rural, dacordo coa Orde ARM/787/2009. O curso tivo un gran éxito de participación e restauráronse unha gran cantidade de mobles. Os alumnos manifestaron a súa intención de continuar con outro curso máis destas características nas próximas datas






















Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



