CARMEN PARDO ASINOU HOXE EN BARREIROS UN CONVENIO PARA A PROMOCIÓN TURÍSTICA DO XEODESTINO A MARIÑA LUCENSE
A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e mais o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense, Alfonso Fuente Parga, asinaron esta mañá en Barreiros un convenio para a promoción turística do xeodestino A Mariña Lucense. No acto estivo presente tamén a delegada da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias
A Xunta de Galicia aporta 90.000 euros a través dun convenio de colaboración para a promoción do xeodestino A Mariña Lucense que ten un importe global de 100.000 euros. Os 10.000 euros restantes apórtaos a Mancomunidade da Mariña Lucense
O convenio céntrase na maxia e na artesanía para potenciar os recursos turísticos do xeodestino
Barreiros, 24 de xullo de 2012.- A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López; a delegada da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, e mais o alcalde de Barreiros e presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense, Alfonso Fuente Parga asinaron esta mañá en Barreiros un convenio de colaboración para a realización de actividades de promoción do turismo na Mariña Lucense.
O convenio garante a continuidade do proxecto Rutas da Artesanía na Mariña que ten por obxectivo converter en atractivo turístico a actividade artesanal da comarca. Ademais, entre os proxectos que se inclúen no convenio está o deseño e implantación do Mes Máxico da Mariña, que levará espectáculos de maxia de preto aos restaurantes da zona.
Durante o acto, Carmen Pardo explicou que a Secretaría Xeral para o Turismo aporta para a promoción deste xeodestino 90.000 euros que se articulan a través dun convenio de colaboración coa Mancomunidade de Muncipios da Mariña Lucense para realizar xestións e actividades destinadas á potenciación do turismo neste xeodestino. O obxectivo destes acordos pasa por priorizar as accións de promoción, difusión e dinamización dos valores patrimoniais e naturais da zona, así como a utilización das novas tecnoloxías ao servizo do turismo e a formación dos actores turísticos na mellora continua da calidade do servizo que consolide a Mariña Lucense como xeodestino turístico.
O orzamento estimado para a execución das actuacións é de 100.00 euros. A Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Turismo aportará 90.000 euros -80% deles procedentes de Fondos Feder e 20% de FCI- e os 10.000 euros restantes serán aportados polas Mancomundidade de Municipios da Mariña Lucense.
No convenio inclúense actuacións como a edición e impresión de mapas encartables das Rutas da Artesanía, un catálogo unificado do xeodestino e unha aplicación web para a comercialización de paquetes á carta. Ademais crearase unha novidosa ferramenta web con storytellings de artesáns que narran a súa vida e obra traducidos e subtitulados ao inglés. Así mesmo, inclúese a realización dun famtrip de promoción e comercialización de estancias e experiencias artesanas e máxicas en forma de paquetes turísticos.
Turismo na Mariña Lucense
Segundo explicou a secretaria xeral para o Turismo, o feito de vincular a zona coa maxia e a artesanía implica unha alternativa de lecer fronte ao turismo de sol e praia, unha alternativa de ocio experiencial dado que ten un engadido adicional que é “o feito de traballar a alma dos artesáns e a transmisión da súa experiencia non só de traballo senón tamén de vida e iso encaixa moi ben co novo perfil do turista que busca experiencias e vivencias”. Segundo recalcou Carmen Parado, ademais “as iniciativas relacionadas coa maxia e coa creación do Mes Máxico xerarán “dinamización económica directa no territorio no mes que se realicen as actividades porque é un produto moi atractivo e que se presta moito ás viaxes de fin de semana, sobre todo tendo en conta que combina coa magnífica gastronomía da Mariña Lucense”.
Durante o acto de sinatura que tivo lugar esta mañá en Barreiros, Carmen Pardo explicou que a través destes acordos de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Turismo e a Mancomunidade mantense o Plan de Competitividade Turística da Mariña Lucense, o único plan de competitividade actualmente impulsado exclusivamente pola Administración Turística Galega.
A secretaria xeral tamén fixo un repaso polos produtos cabeceira da Marca Galicia que se poden disfrutar se se decide ser turista na Mariña Lucense. O produto Patrimonio Oculto inclúe tres recursos da Mariña: a Igrexa Parroquial de San Martiño de Mondoñedo; a Capela do Bispo Santo e o Barrio dos Muíños de Mondoñedo. Tamén no produto Faros e Praias Salvaxes inclúe recursos da Mariña como o faro de Illa Pancha, a praia das Catedrais, as praias dos Castros-Illas, Peizás e Esteiro, así como o faro de Punta Roncadoira. Do mesmo xeito, o Souto da Retorta inclúese no produto Bosques de Galicia.Todos eles son recursos que identifican e singularizan este xeodestino e que se poden combinar, segundo recalcou a secretaria xeral para o Turismo, con experiencias culinarias inigualables, co disfrute das innumerables festas gastronómicas de Interese Turístico da zona que exaltan os froitos do Mar Cantábrico.





















Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



