Recepción no concello de Ribadeo a varios clubs da vila
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e o concelleiro de Deportes, Vicente Castro, ofreceron esta tarde unha recepción na Casa do Concello a varios clubes deportivos da vila en recoñecemento aos éxitos acadados esta tempada. Ao acto asistiron representantes do C.B. Ria de Ribadeo, que conseguiron o subcampionato provincial e o campionato da Liga de A Mariña Alevín; da S.D.Ribadeo Tenis de Mesa, que logrou o ascenso á 1ª galega; da S.D. Ribadeo, que se proclamou campión da Copa Deputación infantil; e tamén á subcampiona galega infantil de ximnasia rítmica, Ana Rico, da Escola Porta Norte. Suárez e Castro felicitaron a rapaces e adestradores polos éxitos conseguidos e animaráronos a seguir practicando estes deportes. Os clubes premiados recibiron unha placa conmemorativa.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
