SANTIAGO, PATRON DE FOZ
Nunca soubemos por qué, sendo o patrón da nosa vila Santiago, se celebran, como patronais, as festas de San Lourenzo. O feito, sen resultar insólito, é chamativo pois descoñecemos a existencia dalgún acontecer histórico ou lendario que relacione ó santo das parrillas co noso pobo. Temos escoitado algunhas teorías que pretenden explicar as razóns polas que se da tal aparente anomalía, todas referidas a motivos laborais; pero non atopamos unha soa referencia escrita que puidese confirmar algunha delas. Así, dise que en tempos en que a agricultura tiña un importante peso na economía da nosa sociedade, trasladáronse as festas ó 10 de agosto para celebralas sen agobios, rematadas as faenas do campo referidas, sobre todo, ós traballos da sega e as mallas. Outra versión no mesmo senso, para nós menos consistente, tería que ver coas costeiras do bocarte e do bonito. E unha terceira, senon mais veraz, sí mais atractiva, refirese á hipotética existencia dunha antiga confraría para organizar os festexos, que era propietaria de gando no monte; o día 24 de xullo celebrábase unha importante feira na Espiñeira a onde levaban a vender as súas reses, o que dalgún xeito interfería no desarrollo das festas…Posiblemente estas non sexan senon elucubracións carentes de fundamento, pero é pregunta que nalgún intre nos fixemos tódolos focegos e moitos foráneos: ¿por qué Foz celebra o San Lourenzo sendo Santiago o Patrón? Un benquerido amigo deste cronista, mergullador nas páxinas mais agochadas da historia local, contounos que ó respecto só atopara, no libro de fábrica da igrexa parroquial, un par de referencias que orientan sobre as datas de celebración das festas de ambas advocacións, pero non das razóns do cambeo de titular das mesmas. Por anotacións no devandito libro sábese que, no ano 1634 pagouse X reás a un gaiteiro por tocar na festa de Santiago e, 33 anos despois, en 1667, por facelo na festa do San Lourenzo; e dende entón celebrouse sempre ésta. Cantos vellos documentos teñen chegado ás nosas mans nomean sempre ó pobo como Santiago de Foz…Curioso, verdade?.
Suso Fernández























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



