O prazo para a matrícula na ED EON Burela FS 2012/13 ábrese o vindeiro 20 de agosto
As escolas deportivas EON Burela FS abren o prazo de matrícula o vindeiro 20 de agosto e ata o 15 de setembro de 2012. A inscrición continuará a ser gratuíta e a súa formalización realizarase nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 97 – entrechán). Un ano máis, as familias que matriculen a máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula. A tramitación deberá ir acompañada de dúas fotos tamaño carné e fotocopia do DNI do neno/a. Pasaranse cotas trimestrais de 60 euros para os socios/as ao corrente do seu abono e de 75 euros para os non socios/as. As datas de cargo serán 15 de novembro, 15 de xaneiro e 15 de abril.
Os alumnos/as das ED recibirán a entrega dun pack deportivo con material de primeira calidade composto por chándal, sudadeira, bermuda, polo, bolsa, dúas camisetas de adestramento, pantalón de adestramento e chaquetón. A tenda Living Sport, distribuidora oficial do club encargarase de xestionar o material, que ten un custe real de 175 euros dos que só terán que pagar os pais e nais 100 euros, xa que o club farase cargo dos 75 euros restantes por alumno/a.
A escolas laranxa estará integrada por catro categorías (entre prebenxamin e infantil). Tanto cadetes como xuvenís seguirán a pertencer ás categorías inferiores do club. Pola súa banda, a dirección das ED EON Burela FS ten programada unha reunión con pais e nais do alumnado o 17 de setembro para explicar a programación do curso máis polo miúdo.
Todas as persoas interesadas poden obter información nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 97, entresollado, Burela) ou a través do número de teléfono 982 581 815
























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
