A Asociación Mariña Jazz (AMAJAZZ) organiza, esta tarde do 30 de agosto de 2012, unha jam session a partires das 23:00 horas na Praza de Santa María en Ferreira do Valadouro. A jam session estará coordinada polo vibrafonista de jazz burelés Israel Arranz e contará con un grupo base formado por membros de AMAJAZZ. A Asociación Mariña Jazz, así como os locais de Ferreira do Valadouro animan a todo o mundo a acudir ao evento, tanto aos que desexen disfrutar en directo de standards de jazz coma ós músicos da comarca que queiran participar nela. ¡¡Entrada de balde!!. Grupo base: frauta: Silvia Rozas, trombón: Bruno Valle, vibráfono: Israel Arranz,baixo eléctrico: Mario Arranz,batería: Daniel Arranz























A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



