Manolo o culpable
Atopei a meu amigo Manolo un pouco preocupado, eu diría que ata algo alporizado cando xa de retirada do mercado do xoves ía camiño da casa sen mercar nada. Coma sempre alegreime de velo e quixen transmitirlle o meu contento pero díxome un pouco aspro.¡Saca de aí que non estou para bromas! Díxome con cara de tristura mais que de xenio. E. Logo? Preguntei eu sorprendido. E foi cando Manolo se mostrou como é. Aberto, franco e sabido coma sempre. “Ti non te decatas do que esta a pasar? . ¡Pois home eu… A verdade que non sabia por onde ían os tiros así que calei esperando que me aclarase a situación e así foi.
.-Voume para a casa axiña por medo a que calquera truán me sinale e diga berrando ¡Foi ese! E me colguen a min as culpas. Despois de oílo quedei ca boca aberta.Abofé. Pero el seguiu . .-Agora resulta que ningún dos presidentes, directores, conselleiros e demais dirixentes dos bancos e das finanzas que nos trouxeron ata aquí, ten a culpa de nada, non son responsables de nada e ademais “non tiñan poderes” eran “figuras institucionais” e “mandaban os consellos” os homes non, polo tanto son coma anxeliños.
Bueno… é o que nos contan… lle dixen eu quitando ferro, pero diso a que te sinalen a ti que case nunca pisaches un banco a non ser para ingresar cartos…
.-Cala parvo! Díxome algo alporizado. Pensas logo que non han buscar un culpable? E seguro que calquera servira polo que, por se acaso, voume meter na casa ata que esto se amañe, non sexa o demo!. Mais que para tranquilizalo que por outra cousa ocorréuseme dicirlle que; O mellor teñen razón e non tiñan poderes nin nada deso que din..
.-Carabillo¡ entón mellor mo pos. E se non son responsables de nada, nin tiñan poderes nin nada de nada, entón por que cobraban esa millonada de cartos ó mes, por saír na foto, ou ir de inauguracións, ou pola súa cara bonita, ou por ser amigo de… ou para que calasen a boca de canto se facía agachando as orellas. Un home que traballa nun banco e cobra unha millonada cada ano “polo seu traballo” en algo traballara, digo eu, ninguén lembra que eses cartos os gane ningún conserxe. Polo tanto ou maquinaron os “furados” que teñen os bancos ou estafaron os accionistas por cobrar soldos millonarios por non facer nada. Por iso penso que aínda han sinalar a algún inocente para cargar coa culpar. Anque pensando ben, igual lle pagan por aceptala.
.-Manoliño cando te pos, es o demo, porqué non tomamos un café e nos esquecemos de todo, di? Eu díxeno pero a cachola dábame voltas por canto falou meu amigo, pois como case sempre igual tiña razón.
Xosé Ruiz Leivas






















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



