PRESENTADA A 50ª TRAVESÍA RÍA DE FOZ E A 4ª TRAVESÍA K-4 C-4
Antonio Veiga explicou que “esta regata é unha das citas deportivas máis importantes do calendario mariñao, converténdose nun claro elemento de atracción turística para a localidade”
A Ría de Foz acollerá estas dúas probas o sábado 25 e o domingo 26 de agosto
Foz, 22 de agosto de 2012. O porto de Foz acolleu, na tarde de hoxe, a presentación da 50ª Travesía “Ría de Foz” e da 4ª Travesía K-4 C-4, que organiza o Club Kayak de Foz e a Federación Galega de Piragüismo, esta fin de semana. No acto de presentación tomaron parte o vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga; o presidente do club organizador, Nacho Romillo, o alcalde da localidade, Javier Jorge Castiñeira e a concelleira de Deportes, Mercedes González.
Na súa intervención, o vicepresidente da Deputación explicou que “Estamos ante a segunda travesía máis antiga de Galiza, e a terceira máis antiga do Estado, tralo descenso do Sella e o descenso do Miño e, polo tanto, é unha das citas máis importantes do calendario mariñao”.
“Tanto é así – continuou Veiga- que esta travesía vai máis alá dun mero evento deportivo e convértese nun elemento de atracción turística para o concello, pois, como en edicións anteriores, serán moitas as persoas que se acheguen á vila esta fin de semana para presenciar a regata”.
O sábado, día 25, a partires das 10:30 horas, disputarase a 50ª Travesía “Ría de Foz”, para a que hai un total de 32 clubs inscritos, con 324 embarcacións e 397 deportistas, entre os que se atopa o medallista olímpico David Cal, inscrito na categoría C-1 Sénior. Nesta regata establécense as seguintes categorías: K-1 cadete, xuvenil e sénior, feminina e masculina; K-2 cadete, xuvenil e sénior masculina; e C-1 nas tres categorías de idade tanto para homes como para mulleres.
O domingo, día 26, a partires das 11:00 horas, disputarase a 4ª Travesía K-4 C-4, para a que hai un total de 16 clubs inscritos, con 49 embarcacións e 196 deportistas. Neste caso tamén se establecen as categorías cadete, xuvenil e sénior, tanto masculina como feminina. Haberá premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría e para os tres primeiros clubs, que se entregarán ao finalizar cada unha das regatas.






















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
