O sábado´dñia 18, as 20:30 h. Xavier Alcalá presentará na Casa das Letras a súa novela “Verde Oliva”.
O libro relata a vida real de Mariana, filla de galego e crioula na Habana, no 10 de marzo de 1952 no golpe de estado de Batista ; esta intégrase nunha rede secreta de axentes encargados de destruír o réxime do dictador. Co mester de narrador experto, Xavier Alcalá conta a historia desta loitadora pola liberdadeque, criada nun mundo burgués, intervén en misións perigosas na guerra secreta desenvolvida durante a revolución cubana.























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



