No baixo da Casa da Cultura de O Valadouro, de 16 a 20 horas, os días 19, 20 e 21 de setembro. Galicia conservando a natureza é unha exposición coa que se pretende que os galegos e galegas coñezan os principais valores ambientais e patrimoniais que fixeron merecedores da protección aos diferentes espazos naturais. É unha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
