O IMAXIÑA 2012 PRESENTA A SÚA SEGUNDA EDICIÓN ANTE O ALUMNADO DO IES MONTE CASTELO
>>> O Festival Audiovisual da Mariña impartirá obradoiros de fotografía e vídeo en catro centros da bisbarra e premiará a creatividade do estudantado nun concurso
Venres 9 de novembro. A Fundación Imdecum (Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña) presentou esta mañá a segunda edición do Festival Audiovisual da Mariña, Imaxiña 2012, ante o alumnado do IES Monte Castelo de Burela. O presidente da entidade, Marcelino Luna Almarza, estivo acompañado polo fotógrafo focego Xulio Villarino e o persoal da produtora A Caixa Escura na inauguración dunha nova tentativa por captar a atención da xuventude da comarca e remover as súas inquedanzas culturais e creatividade.
O estudantado do primeiro curso de Bacharelato de Artes do centro burelao xa puido mergullarse hoxe nesta gran aventura, que combinará obradoiros de fotografía e vídeo, aderezado cun apaixonante concurso final. Os rapaces internáronse no mundo da fotografía, nunha dinámica mesa redonda co profesional da instantánea Xulio Villarino, e completaron esta primeria xornada co achegamento á era da imaxe a través da Caixa Escura; o vindeiro luns traballarán sobre fotografía, stop motion e vídeo nun taller dirixido pola devandita produtora mariñá.
Co apoio da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o festival Imaxiña 2012 tamén percorrerá outros tres centros da bisbarra co firme propósito de poñer en marcha un contorno de creación que permita deixar constancia dunha identidade propia a través do audiovisual: o Marqués de Sargadelos, de San Cibrao, o 12 e 15 de novembro; o Vilar Ponte, de Viveiro, os días 13 e 20; e o Gamallo Fierros, en decembro.
O estudantado dos catro institutos poderán dar renda solta á súa creatividade e imaxinación a través do concurso final, nas categorías de fotografía e vídeo, ata o 21 de decembro. O día 28, a Fundación Imdecum dará a coñecer os gañadores, cunha suculenta cámara fotográfica como premio, na exposición dos traballos seleccionados.
Primeiros pasos
En 2011, o festival Imaxiña deu os seus primeiros pasos descubrindo o mundo do audiovisual no IES Monte Castelo, a través dun obradoiro creativo de vídeo ‘Fotografía en Movemento’, coa participación do pintor xovense Xoán Guerreiro, a comunicadora cervense Sabela Blanco e o profesor de Debuxo e Artes do Monte Castelo Pedro Cabarcos, ademais dunha charla sobre fotografía da reporteira gráfica de La Voz de Galicia Pepa Losada.
————–
BASES
Este concurso busca aflorar as inquietudes culturais dos estudantes da Mariña Lucense. Pre-
téndese introducir aos mariñaos no ámbito audiovisual. Ofrecerlles a oportunidade de expresar
o que senten pola súa terra a través dun medio novo para eles; algo paradóxico tendo en conta
que vivimos na era da imaxe.
DATAS DE INTERESE
O venres 9 de novembro realizarase a presentación no IES Monte Castelo de Burela.
O 21 de decembro é a data límite de presentación de fotografías e vídeos para o concurso (ata
as 00.00 horas).
O 28 de decembro realizarase a entrega de premios e a inauguración da exposición.
PARTICIPACIÓN
Poderán participar todas aquelas persoas que estean cursando estudos de formación (ESO,
ESA, bacharelato, ciclos formativos…) durante o ano académico 2012-13 nos institutos Monte
Castelo (Burela), Dionisio Gamallo Fierros (Ribadeo), Marqués de Sargadelos (San Cibrao) e
Vilar Ponte (Viveiro).
Temática: A Mariña
Dúas categorías:
-Fotografía: podendo entregar un máximo de 3.
-Vídeo: como máximo 2 minutos de duración.
REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN
a. Admisión de obras
Os traballos deben mandarse a través do servidor www.wetransfer.com ao correo electrónico:
festivalimaxina2012@gmail.com
Na mensaxe de envío deberán figurar nome e apelidos do concursante, DNI, centro e curso,
teléfono de contacto e correo electrónico de contacto.
Os traballos, que poderán ser individuais ou grupais, deben ser inéditos e orixinais. Non se
admitirá ningún traballo cuxos dereitos de propiedade intelectual non pertenzan integramente
e sen excepción ao propio participante do concurso.
Para os traballos nos que aparezan persoas recoñecibles, os concursantes deberán ter a súa
autorización. A organización resérvase o dereito a pedir unha carta asinada polas devanditas
persoas, autorizando o uso da súa imaxe, que o participante deberá presentar no caso de ser
seleccionada a súa obra.
“IMAXIÑA” 2012
Page 2
BASES
A organización resérvase o dereito de descartar e excluír do concurso os traballos presentados
nos seguintes casos:
§ Cando non se adapten á temática do concurso
§ Cando non reúnan un mínimo de requisitos de calidade artística, a xuízo da organización
§ Cando puideran resultar de mal gusto ou ofensivos polo seu contido, a xuízo da organización
§ Cando non alcancen o mínimo establecido nos requisitos técnicos
b. Requisitos técnicos
As obras presentadas deberán ter calidade suficiente para ser reproducidas e difundidas. Os
traballos deberán axustarse aos seguintes requisitos técnicos:
Fotografías: JPEG, con resolución mínima de 200 ppi
Peso máximo dos traballos: 5 Mb
PREMIOS
O premio, nas dúas categorías, será unha cámara capaz de gravar e facer fotografías.
O xurado estará composto por membros da Fundación Imdecum e da produtora audiovisual A
Caixa Escura.
Os criterios de selección serán:
-A transmisión dun concepto claro
-A orixinalidade
-A técnica: composición, luz e encadramento
RESOLUCIÓN DOS PREMIOS
Unha vez seleccionado o gañador de cada categoría, os beneficiados serán informados a través
do número de teléfono facilitado e correo electrónico, así como do centro de ensino do que
forman parte. Neste momento, a FUNDACIÓN informará os gañadores do lugar, data e hora
no que se lles fará entrega do premio. Un día despois, a organización fará público o nome dos
gañadores de Imaxiña 2012 a través do facebook da entidade.
No caso de que o gañador do concurso non fora localizado nos 2 días naturais seguintes á reso-
lución do xurado, este decidirá se declara deserto o premio ou se selecciona unha nova obra.
En calquera momento, o xurado poderá declarar deserto calquera dos premios.
DEREITOS DE AUTORÍA
Os organizadores do concurso resérvanse o dereito de expoñer as fotografías e vídeos, pero
recoñeceranse os dereitos de autoría a cada participante.
Os dereitos de uso, difusión, distribución, exhibición, exposición, comunicación pública,
“IMAXIÑA” 2012
Page 3
BASES
divulgación e reprodución de todos os traballos presentados ao concurso quedarán cedidos á
Fundación Imdecum, co obxecto de que esta os poida reproducir e comunicar pública, gratui-
tamente y con identificación dos seus autores se o considerase preciso.
PROTECCIÓN DE DATOS
[Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal]
Os participantes no presente concurso aceptan e dan o seu consentimento para que os datos
persoais esixidos para a inscrición no concurso sexan incorporados a un ficheiro automatizado
titularidade da Fundación Imdecum e tratados coa finalidade de desenvolver o concurso. A en-
trega dos datos persoais esixidos para a inscrición no concurso é obrigatoria para poder levala
a cabo. De igual modo, a Fundación Imdecum adoptou os niveis de seguridade de protección
dos Datos Persoais requiridos, e procura instalar aqueles outros medios e medidas técnicas adi-
cionais ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo
dos Datos Persoais facilitados polos participantes do concurso.
O usuario participante garante que os Datos Persoais facilitados á Fundación Imdecum con
motivo da presente promoción son veraces e faise responsable de comunicar a estas calquera
modificación.
A Fundación queda expresamente autorizada a utilizar tales datos para finalidades de comuni-
cación e promocionais sobre as súas actividades, autorizando expresamente os concursantes á
Fundación para o envío de comunicacións sobre as súas actividades e promocións, incluídas as
comunicacións electrónicas.
Os concursantes teñen recoñecidos e poderán exercitar os dereitos de acceso, cancelación,
rectificación e oposición, contactando por escrito coa Fundación Imdecum a través do correo
electrónico contacto@fundacionimdecum.org
ACEPTACIÓN TÁCITA DAS BASES
A simple participación neste concurso supón a aceptación destas bases na súa totalidade.
A Fundación Imdecum resérvase o dereito de modificar as condicións do presente concurso
en calquera momento, e incluso de anulalo ou deixalo sen efecto, sempre que concorra causa
xustificada para iso. En todo caso, comprométese a comunicar por esta mesma vía as bases
modificadas ou, no seu caso, a anulación do concurso no seu conxunto, de forma que todos os
participantes teñan acceso á devandita información.
As bases estarán dispoñibles na dirección dos centros participantes para calquera persoa que
queira consultalas