O IES Perdouro uniuse aos milleiros de voces do ensino para celebrar a palabra de Celso Emilio
Neste día 12 de decembro a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística convocou aos centros de ensino a unha homenaxe ao grande poeta Celso Emilio Ferreiro no 100 aniversario do seu nacemento. O acto central desta xornada consistía no recitado colectivo e simultáneo ás 12h dun dos seus poemas máis coñecidos Deitado frente ao mar de Longa noite de Pedra.
Dende o IES Perdouro, alumnado e profesorado, acolléronse a esta iniciativa ás 12:20h no patio para ler en coro as letras do poema de Celso Emilio. Máis de 240 voces lembraron os versos de Deitado frente ao mar. A Vicedirectora, Karina Parga, indica que foi un espectacular e emocionante recital que reuníu o alumnado de ESO, Bacharealto e Ciclos Formativos e os docentes do centro educativo. Ademais a coordinadora do ENDL do Perdouro, Miruca Parga, sinala que entre os diversos docentes participantes houbo na actividade un convidado de excepción: o mariñeiro e poeta Jesús Mosquera, que habitualmente faena nas augas próximas a Nova Zelandia. Este veciño de Burela recitou o poema de Celso Emilio dedicado aos buscadores de illas. A viaxe literaria foi conducida polo profesor Bernardo Penabade e na mesma tamén interviu o alumnado de 3º ESO, a vicedirectora do centro, o auxiliar administrativo, José Chao; e o profesor de Economía, Antonio Mato. Os poemas recitados polo alumnado están moi directamente relacionados coa interculturalidade, unha carácterística moi presente na poboación de Burela. Tamén o IES Perdouro estivo presente nas redes sociais e inundou de tuits o Twitter a través da actividade Recituiteando Celso Emilio co hashtag oficial #RecitandoCelsoEmilio. Segundo a Coordinadora Galega dos ENDL, máis de 200 centros escolares e uns 30.000 alumnos segundaron a actividade no día de hoxe.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



