A Asociación de Veciños Burgo de Trasbar organizou unha Cabalgata de Reis para o pasado sábado día 5 de xaneiro.O percorrido comezou en Casal do Faído ás 16.00 h e percorreron cada un dos barrios do burgo, rematando a cabalgata no Local Social. Durante o traxecto foron tirando caramelos aos veciños que mostraron a súa sorpresa ante a presenza dos Reis Magos en Trasbar, xa que este foi o primeiro ano que se organizou a cabalgata. Como era de esperar, non foron moitos os nenos que se achegaron aos Reis a recoller as gominolas que lles entregaban, pero agardan que na segunda edición sexan moitos máis.
