A VENDA ANTICIPADA DE ENTRADAS PARA A ESTREA DE OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE EN BARREIROS FOI UN ÉXITO ABSOLUTO.
Para a venda en taquilla o propio día da función só haberá 40 entradas, xa que o resto ata completar o aforo xa están vendidas anticipadamente.
Barreiros, 2 de xaneiro de 2013. O Colectivo Cultural Ollomao decidiu paralizar a venda anticipada de entradas para a representación de Os vellos non deben namorarse que terá lugar o venres, ás 21horas, no pavillón de San Miguel de Reinante. A organización adoptou esta decisión para garantir que houbese entradas en taquilla minutos antes de comezar a obra, debido a que o aforo de máis de 600 persoas, estaba a piques de ser completado. Por esta razón, desde a organización da obra acordaron paralizar a venda anticipada e deixar 40 entradas para a venda ese mesmo día. A taquilla abrirá ás 20:30, aínda que non se poderá acceder ao interior do pavillón ata as 20:45, para evitar ruídos e interferencias na montaxe. Con ese mesmo propósito, as portas pecharanse ás 21:15. Neste sentido, as persoas da organización advirten de que “non se permitirá o acceso sen entrada nen que o público permaneza de pé”
Desde Ollomao mostran a súa sorpresa e a súa satisfacción pola grande acollida e queren agradecer a todas as persoas que xa apoiaron esta actividade así como pedir desculpas anticipadamente polos pequenos problemas que poidan xurdir ao tratarse dunha actividade de tal magnitude. Tamén aseguran desde a organización que “é probable que se faga algunha representación máis pola zona para que as persoas que non puideran asistir, ou as que queiran repetir, poidan facelo.”
A obra, dirixida por Comba Campoy e Ramón Casas, estará interpretada por persoas de Barreiros e conta cun grupo humano de máis de 30 persoas traballando na súa montaxe. Entre as actrices e actores mestúranse persoas que participaron na posta en escea desa mesma peza hai 41 anos e persoas que se achegan por primeira vez ao mundo do teatro.
Tamara Rubiños Varela afirma que “xa é un éxito poñer a funcionar un grupo así, pero con esta acollida, o traballo e o esforzo realizado durante os últimos meses están sobradamente gratificados. Só agardamos que a xente que asista disfrute tanto como nós o levamos facendo nestes meses e o faremos ese día.”























O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O encontro, aberto ao público, terá lugar na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será moderado por membros da propia asociación. A sesión busca reflexionar colectivamente sobre a posibilidade de que Mondoñedo aspire a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, abordando a cuestión desde perspectivas históricas, patrimoniais, artísticas, naturais e humanísticas. A actividade comezará ás 11:00 h e a organización anima a toda a veciñanza a participar e compartir opinións.
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



