UN REPUBLICANO E O REI
A primeira entrevista televisada do Rei desde fai doce anos durou, soamente, 23 minutos. Foi, case, unha publirreportaxe. Sensación á que contribuíron, innecesariamente, as imaxes insertas. A negociación para acurtar o tempo e as preguntas, así como a autolimitación por parte do medio mariñán Jesús Hermida e de TVE en abordar os temas máis actuais e candentes, xibarizaron a entrevista ata convertela en case unha caricatura do xénero.
Hermida falou máis que o Rei (asunto que non é difícil de imaxinar), pero a edición posterior maquillou un pouco o efecto distorsionador. Aínda que nada puido facerse para evitar a percepción condescendente e sumisa do veterano xornalista. A xesticulación, a cadencia, o exceso de vocalización e o sorriso bobo do compañeiro de xeración remataron a faena. Ambos converteron un asunto serio nunha escena case de nenos. O de “señor”, tratamento co que abusivamente dirixiuse ao Rei.
A Zarzuela afirma que viu unha “oportunidade” na entrevista, no marco da súa ofensiva comunicativa para garantir un lifting institucional do Rei. Pero, creo, que a perderon. Non buscaban titulares, afirman os responsables da comunicación da Casa Real, pero o titular da noite é que o Rei mantén os seus privilexios: ningunha pregunta incómoda, ningún tema inadecuado, ningún tratamento democratizador. A Monarquía segue tendo trato preferencial, como na futura Lei da Transparencia do PP, que prevé excluír á Institución do seu control, é dicir do control dos cidadáns. E así, con privilexios, perde apoios.
A realización televisiva, así como os planos, a ubicación e a disposición dos interlocutores foi clásica e previsible. Pero con algún descoido involuntario, supoño, durante varios minutos, pódese observar, perfectamente, unha gran bóla do mundo tralo Rei. Os escenógrafos situaron España no plano da cámara, e con ela, parte de África. Continente que afundiu a reputación de Juan Carlos I. Un pequeno xogo do destino: trala imaxe do monarca, o recordo de Botsuana.
Hai algo de burla na oferta desta esperada entrevista. Simplemente, non o foi. Sen titulares, sen confidencias, sen segredos, sen emocións, o intento de entrevista deixou máis ao descuberto que nunca, as súas ideas e as súas fixacións. As históricas e as persoais. Tamén as súas limitacións.
O Rei recordou ao seu pai e o seu principal consello: ser rei de todos os españois. Parece que o esqueceu ou o interpreta ao seu xeito. A reiterada crítica implícita ao desafío catalán, cualificado como “intransixencias que levan a políticas rupturistas que non conveñen” afástalle da equidistancia (e a prudencia) e sitúanlle, claramente, na defensa do status quo. A Monarquía deslízase, cada vez máis, cara á identificación compacta e homoxénea cun determinado modelo da España, (Unha grande e libre). Dende logo. Dígovolo un republicano ledo, O príncipe de Girona vaino a ter moi difícil. Moito.
Alfonso Otero Regal





















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



