SANTIAGO. A Comisión Executiva da Fegamp acordou na súa reunión desta mañá a presentación de alegacións ao Anteproxecto de Lei de Reforma da Administración Local. A pesar das diferenzas existentes entre os tres grupos políticos representados na Federación, a Presidencia comprometeuse a buscar “puntos comúns” que manteñan a defensa dos intereses do municipalismo galego “como viñemos facendo de maneira inequívoca desde que tivemos coñecemento do primeiro borrador”.
Segundo José Manuel Rey Varela, presidente da Fegamp e alcalde de Ferrol, “entendemos que é un novo punto de partida que clarifica algunhas competencias, pero o documento do Ministerio pode e debe ser mellorado para dar resposta aos problemas da administración local”.
Para o máximo responsable do municipalismo galego, “o texto precisa dalgunhas matizacións”, que serán as que achegue a Fegamp no trámite de alegacións aberto polo Ministerio. “É importante que o Ministerio recolla as achegas dos representantes dos concellos así como das comunidades como a nosa, que teñen competencias recoñecidas na materia”, insistiu Rey Varela.
En concreto, a Fegamp volverá incidir nas particularidades do territorio galego, que reúne á metade dos núcleos de poboación de toda España, unha realidade que repercute de forma directa no custo de prestación dos servizos públicos.
Ademais, reclamará novamente unha delimitación clara das competencias de concellos, deputacións e comunidades autónomas, que resolva posibles escenarios de confusión. Por último, reclamará unha reforma do modelo de financiamento local, que mellore a capacidade económica dos concellos sen ter que baleiralos de competencias.
A Fegamp, coherente coa postura que mantivo desde o inicio deste debate, defende unha regulación das retribucións dos alcaldes, pero sempre dentro duns parámetros de equidade e xustiza, que non degrade a actividade política municipal e que permita o desenvolvemento da mesma, especialmente nos pequenos concellos.
“Traballaremos para fixar un mínimo de retribucións digno, homologable con outros cargos das administracións públicas”, a mesma filosofía que inspirou no seu día os traballos sobre salarios que a Fegamp realizou para Galicia. Neles, os alcaldes dos municipios de menor poboación equiparaban as súas retribucións aos dun xefe de servizo da Xunta.
Segundo datos da Fegamp, en Galicia só o 11,49% dos electos (438 concelleiros ou alcaldes) percibe unha dedicación exclusiva do seu concello, e un 6,40% (240) unha retribución parcial. É dicir, máis de 3.200 electos galegos traballan polos seus veciños sen percibir contía algunha. Por tanto, a realidade galega é que alcaldes e concelleiros xa están por baixo do 18% que o Goberno quere establecer como media para todo o Estado.
É máis, a nova normativa que recolle o Anteproxecto de Lei para dedicacións exclusivas e persoal de gabinete non só non xeraría máis aforro en Galicia, senón que abriría a porta a un maior gasto en órganos de goberno e asesores. A día de hoxe, o 94% dos concellos galegos (297) xa cumpren coas restricións que imporía a norma estatal.
“Isto demostra que a gran maioría dos alcaldes de Galicia xa actúan con responsabilidade e rigor na xestión dos recursos dos seus veciños”, subliñou Rey Varela, “e que a reforma non coñece a realidade dalgúns concellos”.
A Fegamp lembra ademais que as entidades locais apenas supoñen o 4% do déficit das administracións públicas en España, polo que “está fóra de toda dubida o seu compromiso coa estabilidade e a austeridade”, insistiu o presidente da Federación.
A intención da Fegamp é que as alegacións poidan ser presentadas xa a próxima semana ante a FEMP e a Secretaría de Estado de Administracións Públicas, dentro do prazo de quince días que deu o Ministerio.
Preferentes
Ademais, a Comisión Executiva da Fegamp aprobou hoxe unha moción sobre o problema do fraude das participacións preferentes. Acordado polo tres grupos políticos, nela incídese na necesidade de que se manteña a vía da arbitraxe como mecanismo para que os afectados poidan recuperar os seus aforros.
Nesta liña, pídese á Xunta “o incremento do número de árbitros e de medios humanos e materiais para facilitar a resolución das arbitraxes”. Así, ínstase ao FROB, ao Bando de España, ao Ministerio de Economía e a Comisión Europa a que os afectados polas preferentes e subordinadas de NGB Banco “non teñan que sufrir quitas”, empregando para iso “os medios ao seu alcance e as modificacións normativas necesarias”.
























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



