Éxito da primeira retransmisión en “streaming” do VI Campionato Internacional de Baristas de Foz
Máis de 450 persoas seguiron está mañá en directo a través dos seus dispositivos móbiles a evolución do VI Campionato Internacional de Baristas que acolle estes días a Escola de Hostalería de Foz e que a Fundación TIC, dependente da Deputación, difunde a través da súa páxina web, www.fundaciontic.org, por 1ª vez en “streaming” – tempo real-, grazas ó traballo dos alumnos de 2º curso do Ciclo Superior de Realización da Escola de Imaxe e Son (EIS). Ademais, todo o material audiovisual obtido empregarase para a edición dun DVD, que se entregará posteriormente ó IES de Foz.
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, que fixo entrega hoxe dos trofeos ós vencedores deste VI Campionato Internacional, subliñou a importancia do labor dos responsables da Escola por organizar este evento, que contribúe a “promocionar unha especialidade profesional, unha alternativa que aumenta as posibilidades de inserción laboral nun sector estratéxico na Mariña, comarca na que preto do 70% das empresas adícanse ó sector servizos”. Ademais, quixo destacar o feito de que estes Campionatos sexan unha oportunidade de facer prácticas reais, “fundamentais para aumentar as posibilidades de inserción no mercado laboral, tanto para o alumnos desta Escola coma para os da Escola de Imaxe e Son, que están a retransmitir en directo todo o que aquí acontece”.
Esta entrega de trofeos tivo lugar tras unha demostración de latte art – arte de preparar orixinais deseños na superficie do café-, a cargo do gañador dos Campionatos Galego e Nacional de Baristas, o chantandino Damián Seijas. Seguidamente, os asistentes puideron degustar un xantar elaborado polos propios alumnos da escola focense.
Competición de baristas profesionais
As probas continuarán mañá coa celebración da final do I Campionato Internacional de Baristas Profesionais, e outras actividades programadas, coma a demostración de coctelería acrobática que fará o subcampión galego Carlos Abelleira e as degustacións de café. Todas as actividades tamén serán retransmitidas en “streaming” na páxina web da Fundación TIC.
A colaboración entre a TIC e o instituto de Foz é froito dun convenio entre ambas entidades, que ten como finalidade promocionar no exterior as ensinanzas de hostalería que se imparten no IES mariñano, ó tempo que os estudantes do único centro da provincia que imparte ensinanzas superior da familia do audiovisual completan a súa formación. A gravación forma parte da programación de prácticas reais da Escola de Imaxe e Son de Lugo, para as que os alumnos dispoñen dos medios técnicos necesarios para desenvolver un traballo profesional que contribúa á súa inserción laboral.









López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



