Lugo 16 de marzo de 2013.- Novas Xeracións da provincia de Lugo celebrou esta tarde, na sede do PP lucense, unha Intermunicipal para abordar a importancia do fomento do emprego xuvenil e dar conta da Estratexia do Emprendemento e Emprego Xoven posta en marcha polo Goberno Central.
Desta forma, esta I Intermunicipal de Novas Xeracións da Provincia de Lugo levou como lema “O Camiño da Recuperación” e congregou a mozos de toda a provincia, así como a concelleiros responsables de emprego e outros cargos públicos, entre eles, o subdelegado do Goberno e vicesecretario do PP lucense, Ramón Carballo; os deputados nacionais; Joaquín García Díez e Jaime De Olano; ou o secretario de organización do PP en Lugo, Luís Lamas
O presidente da agrupación político xuvenil na provincia de Lugo, Daniel Vega, asegurou que este encontro serviu para dar a coñecer as medidas impulsadas polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy, para combater o paro e para fomentar o emprendemento entre os máis novos. Asemade, o popular tamén aseverou que actos deste tipo permiten poñer en común aportacións incentivadoras do emprego entre os mozos.
Programa
Baixo o lema “O Camiño da Recuperación”, o presidente local de Novas Xeracións da Provincia de Lugo, José Antonio González Vázquez, foi o encargado de inaugurar este primeiro encontro que xirou entorno a unha mesa de debate moderada pola voceira da agrupación xuvenil, Sofía Pérez Fernández.
As intervencións correron a cargo do subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo; do deputado Nacional, Joaquín García Díez e do xefe de Traballo e Emigración da Subdelegación do Goberno, Roberto Raposo.
O acto estivo clausurado polo presidente provincial de Novas Xeracións, Daniel Vega, e polo secretario de organización do PP lucense, Luís Lamas.
Unha aposta decidida de colaboración na loita contra o paro xuvenil
Daniel Vega asegurou que esta xuntanza naceu co único afán de apostar polos emprendedores, polo autoemprego e por loitar contra unha das principais lacras que afecta aos mozos: o paro xuvenil. Por iso, segundo explicou o dirixente popular, neste marco “puidemos intercambiar ideas e suxestións” sobre o camiño a seguir para garantir “o futuro dos mozos”.
Unha aposta polo emprendemento e o emprego dos mozos que está a poñer en marcha o Goberno Central, explicou o popular, e que baixo un plan con 3.500 millóns “marca un antes e un despois na loita pola recuperación económica e a creación de emprego”. Segundo Vega, trátase dun plan pegado á realidade e con solucións concretas, colectivas e solidarias, con 15 medidas de choque que beneficiarán a máis dun millón de mozos; 85 orientadas a longo prazo para mellorar as oportunidades de acceso e permanencia dos mozos no emprego; así como medidas de apoio a autónomos e emprendedores porque son “a mellor locomotora para restaurar o crecemento e o emprego”.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



