Nunca pensei que a Gramática serviría para facer política do xeito que se emprega hoxe. Sabia que un discurso de calquera índole a de ter boa gramática, e que as cousas pódense dicir de moitos xeitos, xa que non é o mesmo que te chamen porco, a que che regalen una pastilla de xabón para que a uses toda nunha sesión.
Pois ben, temos que ver os formularios que usaran na Mancha para facer os desafiuzamentos, palabra condenada ó desuso por non ser correctamente político dicirlle á xente “Como non pagou será desafiuzada” e coma esta hai outras palabras coma desaloxar, Barcenas, botar fora da casa e así unha restra delas que non se pronuncian porque politicamente fan dano, polo tanto hai que borralas do dicionario.
Estarán as autoridades falando cos da Academia da Lingua para modificar o Dicionario? Ben seguro que lle poñerán unha segunda ou terceira acepción na que se lea, por exemplo, GRATIS = 1º De gracia o de balde 2º Copago. Se ós políticos lles convén, ben seguro que así será.
Fágome esta pregunta porque vin unha tarxeta sanitaria con dereito a copago, que tiña sobre do numero do asegurado a palabra “PENSIO…” polo que o 1º significado, debe entenderse “Non debe pagar nada” e o 2º significado “Ten dereito a Copago” (o de dereito é moi democrático, parece como se pagaramos a medias)Pero que é o Copago. É unha palabra inventada pola política. Eu na din atopada no dicionario (D. da R.A.E. 21º edición e Dicionario Larousse).
Os amañadores gramaticais en beneficio propio, pensaron; “O dicirlles copago supón que pagamos entre dous, o xubilado e o goberno, e isto queda bonito pois o certo é que o xubilado xa pagara durante quince anos una cantidade mensual para ter cuberta a xubilación polo tanto ninguén ten que copagarlle nada, pero queda moi fino pois ademais de pagalo co seu seguro, agora paga un porcentaxe sobre do prezo das menciñas, ou sexa que as pagou antes e agora volve a pagalas, (seria repago) pero non é o mesmo cobrarlle un porcentaxe, que facer un copago. A gramática salvadora. Ben, pero isto xa todos o sabían.
O que posiblemente non saiban é o invento gramatical de borrón e cobro novo.
Supóñase que na mesma tarxeta anterior tiña unha fecha de caducidade (agora non prescriben por fecha, teñen que aforrar en tarxetas) pero si o xubilado non é pensionista ou sexa non ten nada de nada para vivir, (só ten anos) entón cando lle caduque mándanlle unha nova tarxeta na que desaparece a palabra “PENSIO…” polo tanto cando vai a farmacia a buscar o medicamento salvador xa non será o 10% sobre o prezo da menciña o que terá que pagar, se non o 50% do prezo. Todo por non ter ningún tipo de xubilación, nin pensión, nin recomendación, nin rabo de gaita. E unha forma moi discreta de procurar que morra a xente que coas pensións compran TV de plasma, ou van as manifestación vestidos de raso roxo. ¡Estes pobres non dan mais que dolor de cabeza!
Estou desexando que algún me regale de copago un dos novos dicionarios politicamente correctos.
Xosé Ruiz Leivas


















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).