O Concello de Ribadeo conmemorará cun photocall pola igualdade e coa inauguración de varias rúas o día internacional das mulleres. Os actos que se van desenvolver foron presentados esta tarde pola concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, polo alcalde, Fernando Suárez, e pola responsable do CIM, Luisa González.
A edil nacionalista sinalou que “sempre que celebramos esta data facémolo tendo en conta dúas vertentes. Unha de homenaxe, celebración e recoñecemento a todas aquelas mulleres que loitaron ao longo da historia para conseguir os dereitos que agora temos e outra desde un punto de vista reivindicativo tratando de poñer no candeleiro aquela falla de igualdade que aínda existe ou aqueles temas relacionados coa actualidade no ámbito da muller”.
Álvarez Lastra explicou que “este ano levaremos adiante unha campaña reivindicativa de sensibilización social, que nós denominamos Igualámonos. Trátase de facer un photocall os días 6, 7 e 8 de marzo, onde queremos facer partícipe a toda a sociedade de Ribadeo das dificultades e desigualdades que existen a día de hoxe no mundo laboral, no mundo educativo,etc., entre homes e mulleres. Ese photocall realizarase en varios lugares do concello, en distintos horarios, e cada persoa que se preste a participar na campaña atopará unha serie de frases alusivas entre as que poderá escoller unha para fotografarse con ela”. Esta campaña reivindicativa culminará o venres, 8 de marzo, ás 19 horas no Cine Teatro, “onde estará fixo o photocall para aquelas persoas que queiran pasar por alí e facer a súa foto. Tamén se acompaña dun perfil propio no facebook no que se irán subindo as fotos para a xente poida verse e etiquetarse, si así o desexa. É unha forma máis para que a xente que se manifesta a prol da igualdade de xénero poida facer público este compromiso”.
A concelleira de Igualdade anunciou que o día 8 de marzo terán lugar dous actos: “a inauguración de rúas con nomes de muller e un concerto no Cine Teatro. Na xunta de portavoces e no pleno foi ratificada unha proposta de catro nomes de mulleres para rúas de Ribadeo que saíron adiante. Comezaremos ás 19 horas cerca da EMMeD, na rúa Manuela Barreiro Pico, que foi a primeira farmacéutica que houbo en Ribadeo. Despois ás 19:20 horas non entorno do colexio Sagrado Corazón daráselle o nome de Sor Pilar de León a unha rúa. Esta muller foi unha profesora que impartiu clase e creou o coro do centro. Ás 19:40 farase a inauguración da rúa Meniñas da Saudade e logo ás 20 horas remataremos na praza contigua ao Cine Teatro, que se denominará praza 8 de marzo. En todas as rúas haberá unha actuación musical a cargo de alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo e nas inmediacións do propio colexio Sagrado Corazón actuarán os alumnos e alumnas do coro dese centro”. Na praza 8 de marzo terá lugar unha intervención da concelleira de Igualdade, despois haberá unha lectura dos textos das creadoras do caderno Rachando inercias, e a celebración deste día rematará no Cine Teatro cun concerto de Irimia Cantareiras, unha agrupación de música tradicional galega, que actuarán acompañadas de Proxecto Danza, compañía que fusiona baile tradicional galego con outros estilos coma danza contemporánea, tango, hip hop… con entrada totalmente de balde”.
Suárez Barcia e Álvarez Lastra convidan “aos veciños e veciñas de Ribadeo que vivan entorno a esas rúas que inauguraremos o día 8 a que acudan a estes actos e á programación festiva que terá lugar ese día. E que participen no photocall, é moi importante que todos sexamos partícipes da reivindicación da igualdade dos homes e das mulleres. Que colaboren con nós nesta campaña de sensibilización social”.
O Concello tamén editou un rueiro no que se atopan os viais con nomes de mulleres ribadenses que deixaron pegada e un breve resumo do que supuxeron para esta vila.






















Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



