A plataforma de afectados da Mariña Luguesa e a Unión de Consumidores de Galicia volven xuntarse unha vez máis para acometer o estudio da alternativa da vía xudicial como fórmula para a resolución das reclamacións dos afectados pola comercializacións de preferentes e subordinadas, non só xa de NCG Banco senón tamén doutras entidades financeiras que actuaron de xeito semellante a esta entidade, colocando produtos financeiros complexos a persoas que non revestían o perfil para a contratación deste tipo de produtos.
A actividade que terá lugar como en anteriores ocasións na Casa da Cultura do Concello de Ferreira o sábado 27 de abril, ás 17.30 h estará coordinada pola portavoz da Plataforma da Mariña, Cristina Fernández e será impartida polo colaborador da Unión de Consumidores de Galicia, o avogado mariñán, Roberto Guerra Bahamonde; profesional da máxima confianza desta organización desde a súa primeira colaboración no caso do peche das academias de idiomas hai máis de dez anos.
O obxectivo desta actividade é tratar de resolver as dúbidas dos asistentes en relación con este procedemento, tanto as derivadas de cuestións económicas (custes, xustiza gratuíta e taxas) como de tipo procesual (tipo de acción, prazos para reclamar, etc); e supón a continuación dun proxecto de información que a Unión de Consumidores de Galicia iniciou xa hai máis de dez meses na comarca luguesa, trasladando as vantaxes da vía arbitral cando ningunha outra organización nin colectivo cría nas posibilidades dunha alternativa cuxa
continuidade agora é esixida por todos, mesmo por quen sempre a criticou.
A Unión de Consumidores de Galicia, non pode deixar de manifestar o seu apoio a Cristina Fernández, portavoz da plataforma da Mariña Luguesa, xa que a xuízo desta organización é o mellor exemplo de como de xeito desinteresado se pode actuar na defensa dos intereses dos afectados, procurando en todo momento o traslado de información útil para a resolución do problema que lles afecta, sen deixar de planificar e organizar actos reivindicativos pacíficos. Realizar este importante traballo, sendo quen de manterse afastada en todo momento de calquera vinculación política, merece a xuízo da Unión de Consumidores de Galicia o maior dos parabéns para ela e para todos os veciños da mariña luguesa.





















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



