Burela, 5 de abril de 2013. Un total de 15 mulleres iniciaron esta semana na Academia A Mariña en Burela un itinerario de formación para o emprego que busca incidir no proceso educativo xeral e que está orientado cara o desenvolvemento integral da persoa.
A iniciativa realizase co apoio de Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol e conta co cofinanciamento da Unión Europea, a través do Programa Operativo do Fondo Social Europeo. Segundo explican Mela López, responsable o programa de emprego de Cáritas, e Ramón Hermida, director da Academia A Mariña, “unha parte significativa do tempo emprégase na aprendizaxe do idioma mediante un módulo de alfabetización onde o alumno vai aprendiendo a expresarse na nosa lingua, a base do inicio á lectura comprensiva e de crear supostos prácticos para ampliar o vocabulario básico. O módulo troncal céntrase na formación de camareira de pisos para o emprego que terá carácter eminentemente práctico e no que se aplicarán as técnicas de limpeza global de edificios, así como o coñecemento dos produtos de limpeza. A teoría estará acompañada de prácticas en establecementos hoteleiros e cara ao público.
Co fin de facer máis viable a inserción das alumnas, desenvolverase un módulo de manipulador de alimentos que lles vai a ser reclamado para poder desenvolver a actividade laboral”.
O perfil das participantes neste itinerario de formación é o dunha muller maior de 25 anos, con persoas ao seu cargo e con baixo nivel de estudos, na súa maioría.
