Na segunda cita a nivel local que conmemora o Partido Popular de Lugo despois da celebración do seu congreso provincial.
A celebración do conclave tivo lugar na casa do mar de dito concello ás 12:00 horas.
Fai un ano constituíuse unha xestora na que López Penabad noi nomeado presidente.
Entre os integrantes do comité executivo figuran como vicepresidente, Daniel Vega e como secretario xeral, Ramón J Menéndez.
Lugo, 3 de maio de 2013.- A casa do mar de Ribadeo acolleu esta mañá o congreso local no que Jesús López Penabad foi elixido presidente dos populares neste Concello.
No acto participaron o presidente dos populares lucenses, José Manuel Barreiro e o secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro así coma outros cargos públicos electos do PP na zona.
O recén elexido presidente local presentou a lista dos integrantes do comité executivo, entre os que figuran: vicepresidente, Daniel Vega Pérez; secretario xeral, Ramón J Menéndez Rocha; vicesecretario do organización, José María Suárez García; vicesecretario de afiliación, María de la Paz Ramos Fernández; vicesecretarios de tesorería, Alejandro de la Osa Fernández e Natividad Castro Colmenares; NNXX, Beatriz Fernández Insua.
Como vocales figuran: Baldomero Castro, María Dolores Tojo, José Luis Muruais, Abelardo Cuadrado, Rosa García de Presno, Alba Rodil, Joaquín Sanjulián, Ana María Díaz, Julio Carballal, Manuel Fernández, Francisco Río, Esther Villabrille, Pedro Antonio Fernández e María Concepción Vilabrille. Como vocais electos: portavoz municipal, Manuel Alfonso Valín e membros natos, Azucena González e María do Campo López- Braña.
Xa fai un ano Jesús López Penabad fíxose cargo da xestora do PP a nivel local e co congreso de hoxe accede á Presidencia logo da elección directa por parte dos afiliados do partido a nivel local. A súa foi a única candidatura que optou a liderar o partido.
BIOGRAFÍA E TRAXECTORIA DO RECÉN PRESIDENTE DO PP LOCAL DE RIBADEO
Nado en Ribadeo, o 16 de agosto de 1971, este Enxeñeiro Técnico Forestal, está casado e ten dous fillos. É afiliado ao PP dende 2006 e foi edil en Ribadeo do 2007 ao 2011.




















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



