– O Surf-Camp organizado pola Deputación renova á alza o seu éxito de participación, servindo un ano máis de tirón para aumentar a ocupación hoteleira da Mariña, que chega a rozar estes días o 80% nos establecementos da comarca oriental
– Ademais das exhibicións dos profesionais do surf, nenos e maiores gozarán no paseo marítimo de Viveiro de paseos en skates eléctricos, longskate e segway, e dun simulador de surf
– A xornada de hoxe completarase cunha comida popular en Lóngara, que reunirá a unhas 150 persoas, e cun concerto en Ribadeo pola noite da banda viveirense Sunday Morning Club
Vinte dos mellores surfistas de toda Europa demostraron este sábado pola mañá nas praia barreirense de Lóngara o seu talento sobre a auga na segunda xornada do Surf-Camp, organizado pola Deputación de Lugo. Os espectaculares xiros e piruetas destes mestres das olas causaron sensación entre as ducias de persoas chegadas non só de toda a provincia lucense, senón tamén do resto da comunidade galega, Asturias e León.
O certame renova deste xeito á alza o éxito de participación de pasadas edicións, servindo un ano máis de tirón para aumentar a ocupación hoteleira da Costa lucense, que chega a rozar estes días o 80% nos establecementos da comarca oriental. A terceira edición do Surf-Camp afiánzase así como revulsivo económico da comarca, ó tempo que consolida ó surf como reclamo turístico para atraer visitantes á zona fóra tempada, ó longo de todo o ano.
De feito, o renome internacional dos participantes atraeu a xornalistas de tódolos medios especializados de surf do país, como www.fuelsurf.tv; www.surflimit.com; www.costasurf.com; www.aremojo.com ou www.cervezasalada.com. Están presentes ademais representantes da Federación Española de Surf e da Asociación Madrileña de Surf, que conta con 25.000 seguidores de toda España.
Gony Zubizarreta; Kepa Acero; Aritz Aramburu; Jonathan González; Hodei Collazo; Adur Letamendia; Marlon Lipke; Luis Rodríguez; Guillermo Alonso; Daniel Aznar; Mario Azurza; Indar Unanue; Pablo Solar; Pablo Gutiérrez; Jaime Azpiroz; Lucía Martiño; Garazi Sanchez; e Yoli Rodríguez acapararon tódalas miradas pola mañá coas súas exhibicións.
A xornada continuou cunha comida popular no areal de Lóngara, na que estaba prevista a asistencia dunhas 150 persoas persoas, e xa pola tarde nenos e maiores gozarán no paseo marítimo de Viveiro de variadas actividades, como paseos en skates eléctricos, longskate e segway, ademais dun simulador de surf. Ó mesmo tempo, na praia de Esteiro, en Xove, terá lugar unha exhibición tag team, na que os surfistas profesionais e membros dos clubs mariñanos de surf darán o mellor de si sobre as olas. Xa pola noite, o grupo vivariense Sunday Morning Club ofrecerá un concerto no pub TRES60 de Ribadeo.
Mañá, clases maxistrais gratis
Mañá, unhas 200 persoas de tódalas idades recibirán clases maxistrais gratis de iniciación e perfeccionamento por parte de figuras europeas do surf, acompañados de monitores, na praia focense da Rapadoira. Coñecerán os segredos, trucos e técnicas deste deporte acuático da man dos mellores.




















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
