Ribadeo, 18 de agosto de 2026. O Comercio na Rúa de Acisa Ribadeo volve os días 22 e 23 de agosto con grandes ofertas e descontos. Nesta campaña os establecementos participantes sacarán os seus produtos ao exterior dos negocios para ofrecer aos clientes grandes descontos e promocións especiais.
A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, indicou que “o comercio asociado xa saíu á rúa os pasados 8 e 9 de agosto. E agora volvemos con esta campaña na que se dan cita Naná, For Friends, Fauna, Farfala, Bombones Moreno, Quero Colo, Bahía, Lucía Barro, Grissi, La Coqueta, Mimimó, Anais, Anivers, A Flote e Adele. Todos eles exhibirán os seus produtos na rúa para facilitar a súa visualización e achegar aínda máis as ofertas aos clientes”.
Jesús Pérez, o xerente de Acisa, dixo que “sen dúbida esta vindeira fin de semana será unha magnífica ocasión para achegarse a Ribadeo. Non hai mellor plan que pasear polas nosas rúas, descubrir as promocións e descontos do comercio local, facer as mellores compras do verán e completar a xornada desfrutando das terrazas, da nosa hostalería e da excelente gastronomía que ofrece Ribadeo”.
Desde Acisa Ribadeo agradecen “a implicación dos establecementos participantes nesta campaña, que permite ofrecer unha ampla variedade de descontos e promocións especiais. Comercio na Rúa é unha iniciativa organizada por Acisa coa colaboración do Concello de Ribadeo, Xunta de Galicia e Comercio Galego. Agardamos que tanto a veciñanza como os turistas e visitantes de toda a contorna desfruten desta gran cita co comercio local”.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



