A operación policial saldouse coa detención dos sete integrantes da banda e con tres rexistros domiciliarios nas localidades de Burela, Cervo e Lourenzá
A Mariña, 21 de agosto, 2026. A Garda Civil, no marco da operación Zoco A7, desarticulou unha organización criminal asentada na Mariña lucense, con base de operacións en Burela, dedicada presuntamente á distribución de cocaína e haxix en distintos puntos das provincias de Lugo e Asturias.
A investigación, iniciada a comezos de ano, permitiu identificar os membros do grupo, determinar as funcións que desempeñaba cada un e establecer as súas vías de abastecemento e distribución de substancias estupefacientes.
Durante a fase de explotación da operación, os axentes lograron interceptar e frustrar unha nova partida de cocaína que, presuntamente, tiña como destino as localidades de Burela e Foz coincidindo co período estival.
O operativo culminou coa detención de sete persoas, veciñas das provincias de Lugo e Asturias, con idades entre os 27 e os 45 anos, así como coa práctica de tres entradas e rexistros en inmobles vinculados á organización.
A investigación tamén puxo de manifesto novas dinámicas utilizadas por grupos dedicados ao tráfico de drogas, entre elas os chamados vuelcos: roubos entre organizacións rivais durante os intercambios de droga por diñeiro, aproveitando o momento da transacción para apoderarse da substancia, do diñeiro ou de ambos sen completar o acordo.
Como resultado da operación, interviñéronse catro quilogramos de cocaína, 6.000 euros en efectivo, catro vehículos e unha arma de fogo. A valoración económica final dos efectos incautados está pendente.
A operación foi dirixida polo equipo territorial de Policía Xudicial de Burela, e as dilixencias —xunto coas persoas detidas e os efectos intervidos— foron remitidas ao Xulgado de Instrución número 2 de Mondoñedo, que decretou o ingreso en prisión para seis dos detidos.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



