A formación municipalista continúa ampliando a súa estrutura na provincia e abre as súas portas a veciños comprometidos co futuro dos seus municipios
Lugo, 13 de agosto de 2026. UCIN continúa avanzando no seu proceso de crecemento e consolidación na provincia de Lugo. O coordinador provincial de UCIN Lugo, Alfonso Hortas, anunciou que nas próximas datas se levará a cabo a presentación da coordinación da formación no Concello de Barreiros, un novo paso dentro da implantación territorial do proxecto.
Desde UCIN Lugo sublíñase que este crecemento responde á vontade de achegar a política municipal aos cidadáns, situando as necesidades reais dos veciños por enriba de intereses partidistas e apostando por unha xestión baseada na proximidade, a participación e a procura de solucións concretas.
Barreiros, un novo paso na implantación de UCIN
A próxima presentación en Barreiros permitirá dar a coñecer o proxecto de UCIN e o seu modelo de política municipal, baseado na independencia, na escoita activa e no compromiso directo cos veciños.
Alfonso Hortas destaca que a formación pretende seguir incorporando persoas que coñezan de primeira man a realidade dos seus municipios e que estean dispostas a traballar para mellorar os servizos, as infraestruturas e a calidade de vida dos seus veciños.
“Queremos seguir creciendo con personas comprometidas con sus municipios. En UCIN tienen cabida todos aquellos ciudadanos que quieran aportar sus ideas, su experiencia y su capacidad de trabajo para construir una alternativa cercana, independiente y útil”, sinala Hortas.
Unha organización aberta á cidadanía
UCIN Lugo mantén aberta a incorporación de novos membros e colaboradores, con independencia da súa traxectoria política anterior, sempre que compartan os principios de participación, responsabilidade e defensa dos intereses dos veciños.
A formación considera que a política municipal debe recuperar o contacto directo coa cidadanía e que os concellos deben converterse en espazos onde as decisións se adopten pensando nas necesidades reais de cada municipio. “No buscamos personas que vengan a seguir consignas; buscamos vecinos con iniciativa, compromiso y ganas de trabajar por su municipio”, afirma o coordinador provincial.
Crecemento con vocación municipalista
A implantación de UCIN en Barreiros súmase ao proceso de expansión que a organización está a desenvolver en diferentes puntos da provincia de Lugo, co obxectivo de construír unha alternativa municipalista sólida de cara aos próximos procesos electorais.
As persoas interesadas en coñecer o proxecto de UCIN, colaborar coa formación ou participar na posta en marcha da coordinación en Barreiros poden poñerse en contacto con UCIN Lugo, onde recibirán toda a información necesaria.


























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



