Foz, 14 de agosto, 2026. A Agrupación Socialista de Foz denunciou un acto vandálico contra a Casa do Pobo, onde o lanzamento dunha botella provocou a rotura dunha das lúas do local. O partido puxo os feitos en coñecemento das forzas de seguridade e entregou os elementos dispoñibles para facilitar a investigación.
A organización lembra que hai poucos meses a mesma sede apareceu con pintadas ameazantes. Aínda que non establece relación entre ambos episodios, considera que estes incidentes deben abrir unha reflexión sobre o clima político actual e sobre o trato ás persoas que participan na vida pública.
A agrupación alerta da normalización do insulto, do desprezo e da descualificación persoal, especialmente nas redes sociais, onde —sinala— determinados perfís converten o ataque sistemático e o sinalamento nunha forma habitual de intervención pública.
Sostén que a crítica e a discrepancia son necesarias, pero insiste en que detrás de cada cargo, militante ou simpatizante hai persoas. “Cando quen pensa diferente se transforma nun inimigo ao que todo vale dicirlle ou facerlle, deterioramos a convivencia democrática”, afirman.
“Unha botella non rompe só un cristal. Antes tivo que romperse algo no respecto por quen pensa diferente”, engaden.
A Agrupación Socialista de Foz asegura que non pretende dramatizar nin utilizar politicamente o sucedido e reivindica unha política na que se poida discrepar sen deshumanizar ao adversario. O partido anuncia que continuará coa súa actividade con normalidade, defendendo as súas ideas e respectando as de quen pensa distinto.





















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".


