Xove, 14 de agosto, 2026. Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais, o recinto feiral de Penas Agudas, na parroquia de Monte (Xove), acollerá a tradicional Feira de Gando do San Bartolo. Trátase dunha cita xa consolidada no calendario festivo e gandeiro da Mariña lucense.
A xornada comezará ás 10.00 horas coa recepción do gando no campo da feira. Durante a mañá celebraranse os concursos gandeiros, nos que se premiará a quen presente o maior número de reses cabalares e tamén a quen achegue o maior número de reses vacunas, recoñecendo así o esforzo e a dedicación dos profesionais do sector.
Pola tarde terá lugar o agardado concurso de marcha. Os cabalos participarán tras seren medidos por un xuíz, establecéndose dúas categorías: exemplares de menos de 1,50 metros e exemplares de máis de 1,50 metros de alzada.
O programa completarase cunha misa solemne ás 11.00 horas na igrexa parroquial de Monte. Ao remate celebrarase unha sesión vermú con animación musical, que continuará durante a tarde para crear un ambiente festivo en todo o recinto e ofrecer unha xornada de convivencia para veciñanza e visitantes.
A organización, a cargo da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Costa de Laxamoura, anima á cidadanía e ás persoas visitantes a achegarse a Penas Agudas para gozar dunha feira que representa unha parte fundamental da historia e da identidade da parroquia de Monte.
Ademais de poñer en valor a riqueza do sector gandeiro, a Feira do San Bartolo é un punto de encontro para compartir tradicións, impulsar o mundo rural e desfrutar dunha xornada festiva en contacto coa natureza e cos animais.
Desde o Concello de Xove, como entidade colaboradora, convídase tamén a todas as persoas a visitar a feira e a desfrutar desta cita única, onde a paixón polos animais, a tradición gandeira e a hospitalidade da parroquia de Monte volven ser, un ano máis, os grandes protagonistas.




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



