Xove, 13 de outubro, 2026. O Concello de Xove celebrou este sábado a I Xornada Micolóxica de Xove, unha iniciativa que reuniu a 50 participantes procedentes de distintos puntos da Mariña nunha actividade marcada polo compañeirismo, a aprendizaxe e a paixón polo mundo dos cogomelos.
A xornada comezou cunha introdución no salón de actos, onde os asistentes puideron coñecer os aspectos básicos da actividade antes de iniciar a saída ao campo. A continuación, o grupo desprazouse ata a parroquia de Monte para realizar unha ruta micolóxica centrada na localización e identificación de diferentes especies de cogomelos.
Tras o xantar, a actividade continuou cunha posta en común das especies atopadas, que permitiu comentar e analizar os exemplares recollidos, así como resolver dúbidas e cuestións formuladas polos participantes.
Esta primeira edición converteuse nunha oportunidade para compartir coñecementos, intercambiar experiencias e gozar dunha afección común nun ambiente de convivencia, ao tempo que se puxo en valor a riqueza natural do municipio de Xove.
Desde o Concello faise unha valoración moi positiva da xornada, tanto pola alta participación como polo interese e implicación das persoas asistentes.
O éxito desta I Xornada Micolóxica anima a seguir promovendo actividades que fomenten o coñecemento do medio natural, a divulgación e a convivencia entre a veciñanza e as persoas afeccionadas á micoloxía.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



