A Mariña, 13 de outubro, 2026. Nove fotografías tomadas en Galicia optan aos premios nacionais da sexta edición do certame fotográfico en Instagram Mi Rincón Favorito. A selección reúne imaxes de A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela, na provincia da Coruña; A Mariña, Ribadeo e Sarria, na de Lugo; e A Ramallosa, Cangas de Morrazo e Rande, en Pontevedra. As persoas participantes retrataron paisaxes costeiros, enclaves monumentais e escenas vinculadas ao mar, ofrecendo distintas perspectivas do territorio galego.
Na provincia da Coruña destacan tres miradas moi diferentes: a Torre de Hércules emerxendo entre a néboa, o litoral rochoso de Ferrol baixo un ceo cuberto e a Catedral de Santiago integrada nunha escena cotiá da cidade. En Lugo, a costa de A Mariña aparece envolta na luz do solpor, Ribadeo amosa os faros da Illa Pancha nunha espectacular tormenta eléctrica e Sarria dirixe a mirada á súa fortaleza baixo un ceo estrelado. Pontevedra completa a selección cunha embarcación sobre as augas de A Ramallosa ao atardecer, as siluetas de varios visitantes na Caracola de Donón, en Cangas de Morrazo, e unha composición das bateas da ría en Rande.
As instantáneas galegas, dispoñibles no seguinte enlace, competirán coas finalistas do resto das comunidades autónomas polos cinco premios principais —500 € para o gañador, 400 € para o segundo, 300 € para o terceiro, 200 € para o cuarto e 100 € para o quinto—, ademais de dez accésits de 50 €. O certame inclúe tamén trece concursos locais que este ano repartiron 3.900 €. En total, a sexta edición de Mi Rincón Favorito distribuirá 5.900 € en 2026, con máis de 2.400 imaxes presentadas.
A organización irá dando a coñecer, ata o domingo 11 de outubro, as seleccións de cada comunidade autónoma a través de www.mirinconfavorito.com e das súas redes en Facebook e Instagram. O anuncio dos traballos premiados a nivel estatal terá lugar o 15 de outubro.
Para Samuel Rodríguez, responsable do certame, «as redes sociais cambiaron a forma na que descubrimos destinos e nos relacionamos cos lugares. Mi Rincón Favorito aproveita ese linguaxe visual para construír, a partir das fotografías das persoas participantes, un retrato colectivo de España. Cada imaxe achega unha mirada persoal e, ao sumarse ao resto, contribúe a mostrar a diversidade do territorio dun xeito moi directo».
📸 Un certame que dinamiza o turismo e a cultura
Mi Rincón Favorito é un certame nacional de fotografía en Instagram que invita a mostrar, desde os propios perfís, aqueles lugares de España cos que se mantén unha vinculación especial. A iniciativa desenvólvese arredor do 27 de setembro, Día Mundial do Turismo, e emprega a fotografía e as redes sociais como ferramentas para promocionar o territorio e o seu patrimonio. Nacido en 2021, o certame reuniu máis de 70 localidades e máis de 10.000 participantes.
A convocatoria estatal reúne fotografías de todo o país, mentres que as seleccións autonómicas permiten dar visibilidade aos lugares escollidos polas persoas participantes en cada territorio.
📝 Listado completo de fotografías seleccionadas — Galicia
Miriam Blanco Carazo — A Coruña — A Coruña
Juan Pablo Ameneiros González — A Coruña — Ferrol
Ana Belén Puente Torrecilla — A Coruña — Santiago de Compostela
Diego Moradillo Cano — Lugo — A Mariña
Miguel Ángel Garabal Otero — Lugo — Ribadeo
Alejandro Camacho Candelo — Lugo — Sarria
Laureano Gallego Codón — Pontevedra — A Ramallosa
Pilar Quiroga Rodríguez — Pontevedra — Cangas de Morrazo
Begoña Estévez Brao — Pontevedra — Rande





















No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.



