A Xunta destinou en total 45 M€ á posta en marcha de 4 plantas de biorresiduos e 13 de transferencia e apoio co fin de que os concellos adheridos a Sogama (304) conten cunha infraestrutura para a compostaxe a menos de 50 quilómetros de distancia
Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2026. A Xunta de Galicia, a través da empresa pública Sogama, vén de adxudicar por un importe de 3.436.684 euros (IVE incluído), o servizo para a xestión integral das plantas de biorresiduos de Cervo, na provincia de Lugo, Verín, en Ourense, e Vilanova de Arousa, en Pontevedra, cuxo labor é transformar en compost a materia orgánica recibida nas mesmas e procedente dos contedores marróns de recollida selectiva instalados nos concellos.
O contrato estará en vigor durante un período de tres anos e inclúe a operación, o mantemento e a limpeza das instalacións, debendo encargarse a adxudicataria, ademais, de distribuír e comercializar o abono resultante do tratamento.
As plantas públicas de biorresiduos obxecto do contrato aglutinan as distintas fases do proceso de compostaxe dos residuos orgánicos: desde o pretratamento e a fermentación ata a maduración e o almacenamento, así coma os correspondentes tratamentos de aire e de augas. Un proceso no que se fai uso en todo momento das últimas tecnoloxías dispoñibles, tanto de procesado como de control de cheiros e ruído. Sogama garante así unha actividade industrial respectuosa co medio ambiente e o benestar da cidadanía.
Ademais, unha parte das instalacións é autosuficiente desde o punto de vista enerxético ao dispoñer de paneis solares fotovoltaicos, diminuíndo desta forma a dependencia de combustibles fósiles e contribuíndo á loita contra o cambio climático mediante a aposta polas enerxías renovables.
Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia impulsou no seu momento unha rede galega de infraestruturas para a compostaxe da materia orgánica co obxectivo de axudar aos concellos a cumprir a lei, xa que, a partir do 1 de xaneiro de 2024, quedaban obrigados a implantar a recollida diferenciada desta fracción.
Esta rede, á que se destinou un investimento global de 45 millóns de euros –cofinanciados con 30 M€ de Fondos Europeos– está conformada por 4 plantas de biorresiduos, unha por provincia (Cervo, Verín, Vilanova de Arousa e tamén a de Cerceda), e 13 de transferencia e apoio (6 delas de nova construción e 7 sometidas a remodelación) dotadas dunha tolva específica para o transvasamento do residuo orgánico, cun alto contido en humidade.
En aplicación do principio de proximidade, o fin último era que a práctica totalidade dos concellos adheridos a Sogama (que son, a día de hoxe, 304) conten cunha planta de biorresiduos ou de transferencia a menos de 50 quilómetros de distancia, propiciando tamén con isto unha redución das emisións de CO2 á atmosfera derivadas do transporte.
Adxudicado o servizo de control de pesaxe
Así mesmo, Sogama adxudicou recentemente o servizo de control de pesaxe e mantemento de básculas no Complexo Medioambiental de Cerceda. Cun importe de execución de 1.957.296 euros (IVE incluído) para un período de 4 anos, este servizo resulta fundamental para rexistrar as cantidades de residuos que entran nas instalacións cercedenses e a procedencia dos mesmos, así como dos materiais que saen con destino aos centros recicladores.


























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



