Lourenzá, 28 de maio de 2013. A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, destacou esta mañá o impulso ao cooperativismo por parte da Xunta durante a inauguración da exposición sobre este tema que se pode visitar dende hoxe ata o venres, día 31, na lonxa hortoflorícola de Lourenzá.
A Rede Eusumo, que puxo en marcha a Consellería de Traballo e Benestar para a dinamización do cooperativismo, posibilitou dende o ano pasado a creación de 21 cooperativas en toda Galicia. Así o destacou Raquel Arias durante a presentación da mostra Descubre as cooperativas en Lourenzá. Trátase dunha rede de asesoramento de economía social que busca incidir directamente na creación de novas cooperativas. Na actualidade conta con 6 centros de desenvolvemento e 16 oficinas de fomento cooperativo, onde se ofrece información, formación, orientación e asesoramento nas temáticas vinculadas ao cooperativismo. A través da rede tamén se levan a cabo análises e estudos; o fomento do autoemprego e o emprendemento cooperativo; o reforzo da presenza de asociacións e empresas de economía social en redes de cooperación de carácter nacional e internacional; e o apoio á internacionalización, o intercambio comercial e a cooperación empresarial.
“O noso apoio aos traballadores por conta propia e ás cooperativas é firme porque o Goberno galego está convencido de que son un eixo clave para a dinamización da nosa economía e para a creación de emprego”, apuntou Arias. Neste senso, a delegada sinalou que actualmente en Galicia existen preto de 1.200 cooperativas que agrupan a 90.000 socios.
Para apoiar ao cooperativismo, segundo indicou a delegada territorial, a Xunta está a destinar este ano 2,3 millóns de euros en diferentes liñas de axudas dos que 310.000 euros invístense nesta rede coa que, ademais, estase a potenciar especialmente o sector dos servizos sociais, xa que é un dos eidos potencias de creación de emprego en Galicia. “A Rede Eusumo ofrece un apoio específico para fomentar empresas de economía social neste sector”, indicou Raquel Arias.
Así mesmo, no eido do cooperativismo, Arias fixo referencia tamén a que ao longo deste mesmo exercicio porase en marcha a marca Coopera, que axudará a facer máis visible a aquelas cooperativas que están realizando unha boa xestión.
A mostra presenta as potencialidades e solucións que ofrecen as cooperativas como un modelo empresarial que, pola súa versatilidade e capacidade de adaptación, está demostrando ser capaz de manter e crear empregos na actual situación de crise económica. Ao longo de espazo expositivo, os visitantes poderán achegarse ao cooperativismo agrario, ao autoemprego cooperativo, ou mesmo comprobar se teñen madeira de cooperativista, nunha exposición marcada polo seu carácter interactivo e dinámico.
A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez, explicou que a exposición “vai estar durante esta semana na lonxa hortoflorícola e pretendemos que veña o maior número posible de xente a visitala. Por ese motivo estará aberta en horario que nós cremos que non é laboral para que aquelas persoas que están traballando poidan vir e ter unha atención personalizada, posto que vai haber unha rapaza da Consellería en horario de 12:00 a 15:30 e de 17:00 a 22:00 tódolos días”.
“Trataremos de convencer a un grupo de fabeiros para facer unha visita guiada por esta exposición pois consideramos que é unha necesidade palpable asociarnos para comercializar en conxunto a faba de Lourenzá”, explicou Emma Álvarez, quen opina que “a fórmula da cooperativa é unha gran opción para a comercialización da faba, pero non soamente para iso, senón tamén para emprendedores. Por ese motivo invitamos a colexios e institutos para que traian aos seus alumnos a coñecer esta mostra, porque moita xente que está estudando e cando acaba a carreira atópase con que non ten onde traballar igual necesita un empuxón para, xunto con outras persoas, propoñerse facer unha cooperativa e emprender algo rendible que ao final vai redundar no ben de todos, pois o que importa é xerar economía para que a sociedade avance”.
Ademais da delegada territorial da Xunta e da alcaldesa na inauguración da exposición estivo o concelleiro laurentino de Medio Rural, Antonio Reigosa.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



