O Concello focense conmemorará o Día da Arte este martes cunha visita de alumn@s do IES de Foz á exposición de Caxigueiro e Baldo Ramos titulada ‘Os ollos das palabras’, que está no Cenima e manterase aberta ao público ata este venres, día 7. Ás doce e cuarto do mediodía alumn@s de 4º de ESO do IES de Foz farán unha visita á mostra guiada por Caxigueiro, quen ademais lles dará unha charla sobre o seu traballo e acerca da arte en xeral. Esta iniciativa do Concello de Foz para celebrar o Día da Arte conta coa colaboración do instituto de Secundaria focense.
O Concello de Foz conmemora o Día da Arte
O Concello de Foz conmemora o Día da Arte
Relacionado
-
Este martes celebrouse cunha gran afluencia de público un novo “Arruguiñas falando”
-
Obradoiro de tradición oral das mulleres para celebrar o Día das Letras Galegas na UNED de Lugo
-
A Festa das Flores, tamén coñecida como Festa das Fillas de María, vaise celebrar este sábado 17 de maio en Xove, coincidindo co Día das Letras Galegas