Cristobal Rodríguez Garfia, médico xinecólogo, estivo no instituto Perdouro de Burela para impartir unha charla sobre saúde sexual ao alumnado de 1º de Bacharelato. Deste xeito, amplioouse os seus coñecementos adquiridos en clase de Bioloxía grazas á intervención de Cristobal R. Garfia, recoñecido especialista, que sempre se ofrece a contribuír á educación afectivo-sexual do alumnado do centro. Como cada ano, o xinecólogo incidiu nas boas prácticas sexuais e no repaso ás problemáticas que poden xurdir por mor do descoñecemento.
