A Asociación de Comerciantes Casco Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade. Pon en marcha este sábado 8 de xuño durante todo o día a campaña Shopping Day, un día de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artículos.
Unha oportunidade para pasar o día do sábado realizando compras nos 54 comercios participantes na campaña e disfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, perfumería, beleza, xoguetes, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, fotografía, etc.
Trátase de ofrecer ó cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, comprando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.
Os locais participantes estarán identificados cos distintivos da campaña, banderolas de máis de 2 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos pegados nos cristais indicando aqueles que participan con artigos seleccionados. Deste modo para o cliente é moi fácil identificar aqueles locais nos que poderá disfrutar da campaña de descontos. É moi importante recordar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas do sábado.