A primeira edición dos “Cadernos do Mar” péchase este xoves 18 ás 7 e media da tarde cunha conferencia do historiador e escritor Bernardo Máiz, quen nos falará das embarcacións tradicionais dende o Arco Ártabro ata Ribadeo. Esta charla é un pequeno resumo dun traballo moito máis grande levado a cabo despois de varios anos de traballo do poñente xunto con Enrique Freire. Dito traballo concretouse tamén nunha exposición que, desgraciadamente e por cuestións económicas e técnicas, non foi posibel traer para estas Xornadas, máis o bo falar de Bernardo Máiz, así coma as fotos e entrevistas a carpinteiros de ribeira e outras persoas que se proxectaran durante o acto, darán conta do bo facer do noso invitado, ó tempo que nos amosaran unha parte da nosa riqueza cultural e técnica, neste caso a das varias embarcacións tradicionais existentes, así coma a forma de facelas, achegándonos e chamándonos a atención sobre a dificultade dun oficio en perigo de extinción: o dos carpinteiros de ribeira.











Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



