Este pasado domingo, día 30 de xuño, estreouse no Salón de Actos da Casa da Cultura “Manuel Lourenzo” do Valadouro a nova obra do Grupo de Teatro Xuvenil “A Maseira”, dos concellos de Alfoz e O Valadouro. A obra titulouse “A caixa de Pandoriña” e unhas 70 ou 80 persoas asistiron ó acto. Mándovos tres fotos da representación. A obra volverá a representarse, esta vez, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz. Será o vindeiro sábado, día 6 de xullo, ás 20,30 horas.










Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



