CADERNOS DA VIAXE.- Non é só que unha enquisa recente lles dese xuntos ao PP e ao PSOE 225 deputados no canto dos máis de 320 obtidos no 2008.É que as revelacións dos últimos días a respecto dos casos Bárcenas e ERES andaluces son abraiantes. Porque todo vai apuntando a que o sistema de financiamento do PP estatal era substancialmente ilegal e que esta ilegalidade foi coñecida por Aznar e Rajoy. No caso andaluz dos ERES, as revelacións chegaron ao cerne do Goberno autonómico, mentres IU segue a lexitimar coa súa presenza no Goberno andaluz unha situación insostíbel.
O fenómeno xa o ten debuxado o sociólogo electoral Jaime Miquel: o bipartidismo, hexemónico no Estado e na Galicia dos últimos trinta anos, vai caer de xeito grave e continuado. Porque son dous partidos que constitúen o problema e non a solución e porque a carga da corrupción non deixa xa respirar a ambas as dúas organizacións. Veremos, iso si, certas manobras de entendemento entre os dous, que mesmo poderían rematar nun pacto á grega- como o do PASOK e Nova Democracia-, agás que os cadros medios socialistas adopten a decisión de rematar con esta agunía e darlle o relevo á pésima dirección de Rubalcaba.
Nesta circunstancia, o oco a deixar polos dous partidos estatais na Galicia ben podería ser coberto polo galeguismo e mesmo por unha entente entre os distintos proxectos galeguistas. Unha entente priorizada nas políticas de crecemento,o mantemento dos servizos públicos e do Estado do Benestar, a transparencia e mellora cualitativa da democracia e máis a ampliación e afortalamento do autogoberno. Mais semella que BNG e Anova asumiron unha competición para lle amosar á cidadanía quen é máis radical e antisistema, pretendendo pór o foco sobre cuestións como a independencia, o xuizo de Madrid aos independentistas ou a quimera dunha Novagalicia pública, proposta que só vai enfeblecer unha posición de País que tentaría evitar a súa absorción por un grande Banco estatal.
Nesta conxuntura, o sentido da realidade amosado por 18 alcaldes galegos do BNG, Anova, CXG e independentes fundadores da Irmandade Municipal Galeguista confronta coas teorizacións de determinados dirixentes que non se queren decatar da necesidade de lle ofrecer á cidadanía novas ferramentas políticas, modernas, transparentes, horizontais e pragmáticas. De que hai que lle ofrecer solucións e non quimeras.
Xoán Antón Pérez-Lema























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



