CHÉVERE presenta Eurozone, un achegamento ao gran atraco especulativo e co referente directo de Tarantino. Queren establecer un diálogo entre a peza e Reservoir Dogs, contarlle ao público cales poden ser os paralelismos entre os personaxes da película e os principais líderes político-económicos de EUROPA, esas persoas que están decidindo desde un despacho o noso futuro. Unha obra de creación colectiva dirixida por Xesús Ron e con Patricia de Lorenzo, Borja Fernández, Pepe Penabade, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, Iván Marcos e Manuel Cortés sobre o escenario. A representación será o domingo 27 ás 20.30 horas no auditorio municipal Hernán Naval. Prezo das entradas: 6 e 4 euros.










Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



