Santiago, 22 de outubro de 2013.- O portavoz do Mar do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro, lembrou este martes que a Xunta de Galicia leva participando nas mesas de negociación sobre asuntos pesqueiros promovidas na Unión Europea, de xeito consecutivo, durante os últimos cinco semestres e salientou o traballo desenvolvido neste foro na defensa dos intereses do flota galega.
Os populares lembran que a conselleira do Mar, Rosa Quintana, formou parte da Delegación española (en representación do conxunto das comunidades autónomas) en varios dos últimos Consellos de Ministros de Pesca da Unión Europea, situación que contrasta co acontecido cando os socios preferentes do BNG, o Partido Socialista, gobernaba en Madrid e enviaban a unha comunidade sen mar, como Estremadura, á mesa de negociación dos asuntos pesqueiros.
Logo de lembrar estes datos, o Grupo Popular rexeitou a iniciativa do BNG na que reclamaba unha presenza directa de Galicia en Europa, lembrando que se trata dunha proposta non só contraditoria coa Constitución española senón incluso cos tratados constitutivos europeos e, polo tanto, unha iniciativa que os nacionalistas realizan a sabendas de que non é realista, nin legal, nin posible.
DESCARTES
Por outra banda, José Manuel Balseiro lamentou as incongruencias da oposición, que un día están ao carón do sector pesqueiro galego e outro votan en contra dos seus intereses. Nesa liña, lembrou que tanto PSOE, como AGE e BNG negáronse a apoiar o ditame que recollía a proposta única de Galicia para a reforma da Política Pesqueira Común, pese a que despois contou co respaldo unánime do sector a través do Consello Galego de Pesca
En todo caso, desde o Grupo Popular si aplauden a rectificación do BNG, que agora acolle as teses defendidas polo PP partidario da flexibilización na prohibición dos descartes pesqueiros que pretendía impoñer a Unión Europea. Con todo, lamentou que o 26 de marzo do ano 2013 nacionalistas, socialistas e deputados de AGE non quixeran votar favorablemente á iniciativa do PP que sobre esta mesma cuestión foi aprobada no Parlamento de Galicia.
O voceiro do Mar popular rematou insistindo no seu rexeitamento ao actual modelo de reparto de TAC e cotas, baseado no principio de estabilidade relativa e explicou que non é nada positiva a posición vacilante da oposición que unhas veces critican este modelo e outras non son quen de apoiar ao PP nas iniciativas que reclaman o cambio deste sistema polo que se recoñecen as posibilidades de pesca de cada país.






















Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



