Lugo, 18 de outubro de 2013. O vicepresidente da Deputación lucense, o nacionalista Antonio Veiga, aproveitou a rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno da institución provincial para acusar ao Partido Popular de ser o culpábel da “tráxica” situación que está a vivir o sector pesqueiro da comarca da Mariña e que empeorará tras o sistema de cotas imposto pola Unión Europea, que constitúe “unha esmola” para a flota galega e que discrimina ao sector pesqueiro en beneficio do Reino Unido, Francia ou Italia, e o “nefasto” acordo con Mauritania sobre a flota cefalopodeira.
Veiga afirmou que “o problema do recorte na cota de pescada non afecta só á Mariña senón ao conxunto da provincia, posto que o volume de negocio da pesca entre os portos de Celeiro e Burela pode chegar a superar os 160 millóns de euros. Se hai uns anos A Mariña representaba o 35% do PIB da provincia de Lugo e unha porcentaxe semellante de traballadores activos, hoxe esta cifra pode andar arredor do 50%, co que a diminución de emprego nesta comarca repercute en todo o territorio lucense.”
Neste senso, o vicepresidente remarcou que “están en xogo centos de postos de traballo que dependen directa e indirectamente do sector pesqueiro, xa que estas medidas acordadas por Europa non afectan só aos mariñeiros, senón a todo o sector de transformación e comercialización que afortunadamente aínda está radicado en Burela e en Celeiro; son os mariñáns os que colocan todo ese peixe nos mercados nacionais, estatais e internacionais e por iso, mentres os barcos da pescada permanecen amarrados, tamén moitas empresas de transformación, conxelación e distribución teñen que pechar as súas portas e despedir traballadores.”
“Fronte a esta preocupante situación, -continuou- tanto o Goberno do Estado como a Xunta de Galiza permanecen impasíbeis. Só a falla de preocupación por este sector e polas familias que seguen dependendo do mar explica que os portos de Burela e Celeiro teñan prohibida a pesca de pescada no Gran Sol cando os últimos anos foron os de maiores capturas. Ademais, existen informes, por exemplo, do Consello Internacional para a Exploración do Mar (CIEM) que recomendan un incremento dos Totais Admisíbeis de Capturas (TAC’s) nun 49 por cento para o vindeiro ano e indican que as previsión para 2013 están moi por riba das acordadas inicialmente.”
Para Veiga “a folla de ruta dos populares para o sector pesqueiro e os sectores que dependen deste é a mesma que a dos servizos públicos e que se caracteriza polo seu desmantelamento progresivo a través da perda de postos de traballo e a indefensión dos afectados e afectadas para rematar na súa morte. Os acordos europeos avalados polos executivos estatal e galego son incompatíbeis coa construción dun futuro viábel para o sector pesqueiro.Vista a situación económica que atravesa a provincia estamos ante un problema grave; o sector non pode aguantar recorte tras recorte. Trátase dun problema político que require dunha solución política que debe vir da man do Partido Popular, que lembremos tem maioría absoluta en Madrid e Galiza. Non imos permitir aos populares que se volvan rir dos mariñeiros nin dos mariñáns.”
Desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo fan un chamamento a todas as administracións públicas para apostar polos sectores pesqueiro, de transformación e conserveiro e impulsalos como motores de estímulo económico. “A pesca galega ten potencial suficiente para continuar crecendo, abrir novas vías de negocio e crear postos de traballo; todo o contrario ao que nos están obrigando desde Europa e desde o Partido Popular. Só na comarca da Mariña o 8 por cento da poboación ocupada pertence a estes sectores e cada emprego que se crea no mar, crea outros tres na industria de transformación en terra. Os poderes públicos temos que colaborar na elaboración dun plan de impulso económico que respecte o desenvolvemento sostíbel dos recursos do mar e teña, entre outros obxectivos, a busca de valor engadido.”

















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



