Excepcional actuación do grupo Fantoches Baj con As Pombas do Carboeiro, o domingo na Casa da Cultura de Foz organizado pola Biblioteca Pública Municipal. Recitado medieval con humor, música e historia (un traballo de memorización xenial) que encandilou ao público en xeral e aos alumnos do IES de Foz en particular, sendo unha obra magnífica para explicar unha parte da historia e de lugares de Galicia converténdose en frades que teñen por misión convencer o batallón do exército napoleónico de que non sacie a súa fame coa poboación de pombas mensaxeiras que habitan no mosteiro de Carboeiro. A historia descobre o amor prohibido entre Cervela (correo de El-Rei Fernando II) e Octavia (a filla máis nova de Lupa de Lobarzán), que dará orixe á estirpe de aves que habitan o mosteiro. A Biblioteca agradece a colaboración da Secretaría de Normalización Lingüística para a organización desta actividade dinamizadora do galego.










Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



