CADERNOS DA VIAXE. Os servidores públicos suxeitos ao Dereito Laboral están tan expostos aos despedimentos colectivos ou á amortización dos seus postos de traballo como calquera empregado do sector privado. Velaí a recente perda de ducias de postos de traballo na Consellaría de Traballo e Benestar por mór da aprobación da súa relación de postos de traballo.. Por outra banda, ninguén pode negar o curto da remuneración dos nosos sanitarios, mestres, bombeiros ou policías, mais esta insuficiencia retributiva predícase tamén dos funcionarios da Administración xeral autonómica ou local e, tamén, da Administración de Xustiza.
O problema das retribucións agrávase, asemade, pola carga de traballo que as suicidas políticas de austeridade impoñen no sector público. A Consellarían de Xustiza non achega substitutos para baixas e vacacións, penalizando de primeiras ao conxunto dos funcionarios que han cobrir o déficit xerado polos compañeiros non substituídos e, ulteriormente aos cidadáns usuarios.
Ademáis, a prohibición das reposicións de vacantes por xubilación manca os servizos públicos e prexudica a imparcialidade da súa prestación. Se un concello galego ten un único enxeñeiro e éste xubílase non se vai cobrir a súa vacante. Xa que logo, o concello terá que buscar os seus servizos nunha consultoría privada, probábelmente ben máis mandadiña aos desexos do alcalde. U-lo aforro? E xa non falemos do dano que lle vai causar no próximo futuro á Sanidade galega a xubilación obrigada aos 65 de todos os seus médicos.
Os nosos servidores públicos son bos, demostrárono abondo a noite do accidente do Alvia. E traballan por poucos cartos en contornas complexas. Isto non quita recoñecer que os autónomos traballemos tamén nunhas condicións difíciles, mais non existe confrontamento entre os intereses duns e doutros. O que poden existir son dirixentes políticos interesados en xerar este conflito.
A ARRINCADEIRA: SUBVENCIÓNAN O ENSINO SEGREGACIONISTA.
Moi mal amosa andar o Goberno do Estado de prioridades. Velaí a blindaxe das axudas e subvencións ás touradas, ao recoñecelas patrimonio inmaterial e as subvencións aos colexios que segregan por sexo, até de agora ilegais e agora incorporadas á nova LOMCE. Mentres, avanza o deterioro do ensino público.
Xoán Antón Pérez-Lema





















Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.



