Quince nenos e nenas de Barreiros acuden os mércores de novembro e de decembro de 18:15 a 19:15 horas a un obradoiro de adquisición de valores a través da lectura, comprensión e expresión e tamén practican técnicas de relaxación e concentración. O taller desenvólvese na biblioteca pública municipal. Trátase dunha actividade oranizada polo Concello de Barreiros, a través da Omix e da biblioteca pública.
