Ribadeo, 2 de decembro 2013.- Neste momento tan complicado e cambiante, moitas persoas precisan un PLAN B para reorientar a súa vida. Por iso, a cooperativa ribadense MAUmarela! especializada en servizos e actividades innovadoras para nen@s e adult@s, ofertará durante o Mercado de Nadal de Ribadeo “Un PLAN B” dirixido a persoas desempregadas ou que busquen reorientar a súa vida profesional.
“Un Plan B” está pensado como un obxecto de regalo para este Nadal: para un familiar sen traballo, unha amiga á que a crise lle truncou os plans ou alguén que precise reorientar o seu futuro pero non sabe en que. Trátase dunha mochila artesanal, cosida e pintada a man. Dentro hai un orixinal caderno e unha experiencia formativa que se desenvolverá durante unha fin de semana a escoller durante os meses de febreiro, marzo e abril de 2014.
O itinerario formativo está composto por catro sesións. A primeira é un “Taller para espertar a túa creatividade a través do Arte. Activarte”, impartido pola ilustradora Lucía Vila. Na segunda sesión trabállase a Autoestima, porque en contextos de crise como o atual, un dos aspectos máis delicados é a percepción negativa e pesimista sobre as nosas propias capacidades. Está dirixida pola psicóloga Juana Blanco. A terceira sesión é un Café Filosófico, un obradoiro encamiñado a reflexionar e deseñar un plan de vida co apoio da Filosofía. Os Cafés Filosóficos son moi habituais en países como Francia e axúdannos a ampliar os nosos hourizontes e puntos de vista grazas á aportación doutras miradas, opinións e pensamentos. A sesión estará guiada por Guillermo Hernández, licenciado en Filosofía. Por último, realizarase unha xornada sobre habilidades profesionais e emprendemento, impartida pola pedagoga Carolina García e por Celtia Traviesas, xornalista con experiencia en marketing e comunicación.
Hoxe en día, atopámonos ante unha realidade líquida, xa nada é sólido nin seguro, resulta moi difícil que nos demanden para un traballo fixo. É o momento de ser flexibles e emprendedores no sentido amplo da palabra: “Unha persoa emprendedora é creativa, faise responsable de si mesma e é dona do seu destino”, sinala Celtia Traviesas. “Con este itinerario formativo, quixemos proporcionar algunhas ferramentas clave para enfrentar con serenidade e valentía o futuro. Pensamos que regalar Un plan B é unha idea moi orixinal e útil. Agardamos que sexa un éxito”.
Bolsas de experiencias
MAUmarela! terá o seu stand durante o Mercado de Nadal situado no cruce das “4 calles”, e ofrecerá bolsos, cadros, xoias e pinturas realizadas pola súa profesora de Arte, Lucía Vila. Tamén terá bolsas de experiencias, para quen desexe regalar un taller de Arteterapia (RelaxArte), Escritura Chinesa, Arte para pícar@s ou o taller dirixido a nenas e nenas a partir de 8 anos Descubre o teu talento.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



