A piques de rematar os campamentos de Nadal en Alfoz, os nenos participantes neles visitaron o xoves 2 de xaneiro a Vivenda Comunitaria do concello, na que actualmente residen nove anciáns, e alí alegráronlles a tarde cantándolles panxoliñas. Un pouco despois chegaron tamén os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, cargados de regalos para todos. Foi unha tarde divertida poucos días antes da gran Cabalgata dos Reis Magos e do reparto dos agasallos para todos. O acto estivo organizado conxuntamente pola OMIX e a Delegación de Asuntos Sociais do Concello de Alfoz.
